Jta Peleteiro e o Compos rompen o acordo para a venda do club
Sen ofertas sedutoras, leva un ano en branco e, aparentemente, apartado xa dos terreos de xogo, aínda que con 31 anos -recentemente cumpridos hai apenas unha semana- aínda deben de quedarlle algunhas pingas de talento. Ata hoxe, a venda da entidade era un feito, algo que recoñeceu o propio club nun comunicado, e aínda que se descoñecen os motivos polos que non se pechou, todo parecía indicar que o acordo era inminente entre as partes, que acordaran o groso da operación.
O futbolista, que ía adquirir a propiedade do club santiagués a través da súa empresa Rammalloc Sports S.L., non se fará ao final coas accións.
O proceso de venda, que se daba por feito ata hai unhas horas, saltou polo aire segundo as últimas informacións, á espera dun comunicado oficial do club.

Era unha compra segura, pero algo parece haberse torcido. As negociacións entre Jota Peleteiro, futbolista profesional, e Antonio Quinteiro, presidente do Compos, para o cambio de dirección da SD Compostela rompéronse. Desta maneira, todo parece indicar que, por agora, o cambio na xestión do Compos non terá lugar ao non poder adquirir o futbolista da Pobra do Caramiñal a propieda do club a través da súa empresa, Rammalloc Sports S.L.
Disto informa esta tarde Cadea SER Galicia, que se fai eco do fin das negociacións. Ao tempo, apunta que, "en breve" o club santiagués emitirá un comunicado para explicar en que situación queda a entidade, agora mesmo parcialmente desgobernada ao pasar o seu futuro pola compra de Jota. Non obsante, a dirección deportiva seguía renovando ou dando de baixa aos xogadores de fronte ao próximo ano.
PUNTO E FINAL?
Peleteiro é un vello coñecido da liga e a Premier League. Xogou na talla de equipos como o Aston Villa, Brentford ou Eibar. A súa última experiencia foi no Arabés, no curso 20/21. Sen ofertas sedutoras, leva un ano en branco e, aparentemente, apartado xa dos terreos de xogo, aínda que con 31 anos -recentemente cumpridos hai apenas unha semana- aínda deben de quedarlle algunhas pingas de talento.
Ata hoxe, a venda da entidade era un feito, algo que recoñeceu o propio club nun comunicado, e aínda que se descoñecen os motivos polos que non se pechou, todo parecía indicar que o acordo era inminente entre as partes, que acordaran o groso da operación. Con todo, aínda que poida non pecharse inmediatamente, non se pode descartar que as negociacións poidan canalizarse no futuro.
Escribe o teu comentario