Consumo responsable, emprego e "accesibilidade universal", os temas propostos na reunión do Pacto Social AquaOurense

A mesa de traballo de Solidariedade e Emprego do Pacto Social AquaOurense, coa participación de entidades sociais e económicas da provincia, busca atallar algúns retos que preocupan especialmente á cidadanía.

 


|

A mesa de traballo de Solidariedade e Emprego do Pacto Social AquaOurense, coa participación de entidades sociais e económicas da provincia, busca atallar algúns retos que preocupan especialmente á cidadanía. 

 

Cunha aposta decidida por "a solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde na provincia de Ourense", a mesa aborda temas de profundo calado na provincia. 

 

220622 10
Pacto Social AquaOurense

Este xoves 23 de xuño tivo lugar no seo da Deputación de Ourense a celebración da mesa de traballo de Solidariedade e Emprego do Pacto Social AquaOurense, na que, ademais do ente provincial e Viaqua, participaron a ONCE, Cruz Vermella, o Campus da auga da Universidade de Vigo, CEGASAL ou a FEGAMP.

 

RESPOSTA A NOVOS RETOS SOCIAIS

O Salón de Plenos da Deputación acolleu este encontro para tratar o Pacto Social "promovido por AquaOurense, a empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e por Viaqua" que ten como obxectivo "dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da crise sanitaria e da crise climática, apostando pola solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde na provincia de Ourense". 

 

Nesta proposta, organizacións do armazón social e empresarial da provincia xogan tamén un papel destacado e así o subliñan tanto Viaqua como a administración que preside José Manuel Baltar. No encontro presentáronse as distintas iniciativas propostas polos actores implicados para consolidar o proxecto.

 

CONSUMO RESPONSABLE

Desde AquaOurense a proposta vira ao redor da "formación sobre o ciclo integral da auga para persoal de mantemento das entidades locais, coa finalidade de realizar unha formación continua e programada para o persoal encargado do ciclo da auga". 

 

A proposta vai moi na liña da presentada por Cruz Vermella, que indica a urxencia de "sensibilizar á cidadanía no ciclo integral da auga" e "realizar un consumo responsable", especialmente nun contexto de prealerta por seca como no que se atopa a provincia e que propiciou unha campaña enfocada a estes aspectos.  

 

220622 1
Pacto Social AquaOurense

"ACCESIBILIDADE UNIVERSAL"

A ONCE, pola súa banda, avoga por lograr a "accesibilidade universal en instalacións públicas" cunha proposta para eliminar barreiras de accesibilidade "co obxectivo de facer a vida das persoas máis autónoma e digna, fomentando a súa inclusión social en igualdade de condicións". Mentres, CEGASAL propón "fomentar a inclusión en licitacións públicas a través de formación e sensibilización sobre cláusulas sociais na contratación, cun acordo de reserva de mercado a CEEIS nas entidades locais e coa contratación de persoas con discapacidade".

 

"Todas as entidades participantes, compartiron a necesidade de traballar de forma conxunta en detectar as necesidades locais e en desenvolver as iniciativas presentadas esta mañá co fin de mellorar o emprego de calidade na provincia, cunha maior inclusión e accesibilidade universal", destaca o comunicado, no que se avance que, antes de finalizar o ano "terá lugar outra mesa de traballo onde se presentarán iniciativas sobre o eixo de reconstrución verde". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE