Accidente mortal na Merca: un falecido nunha colisión frontal entre turismos

Unha persoa faleceu este mércores nun accidente de tráfico rexistrado debido a unha colisión frontal ocorrida no municipio ourensán da Merca.


|

Conmoción na localidade ourensá pola morte dunha persoa nun tráxico sinistro ocorrido ao redor das 13:05 horas en Parderrubias. 

 

Ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado ademais dun ambulanica, que nada puideron facer por salvar a vida da vítima mortal. 

 

Morre unha persoa nunha colisión frontal na Merca (Ourense).
Foto: EP

Unha persoa faleceu este mércores nun accidente de tráfico rexistrado debido a unha colisión frontal ocorrida no municipio ourensán de A Merca.

Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, este sinistro tivo lugar sobre as 13,05 horas no quilómetro 13 da estrada OU-540, na poboación de Parderrubias, na Merca.

Ao lugar o 061 enviou o helicóptero medicalizado con base en Ourense e unha ambulancia de soporte vital básico.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE