Plataformas, sindicatos e asociacións en defensa da Atención Primaria impulsan unha Iniciativa Lexislativa Popular

A plataforma 'SOS Sanidade Pública' encabeza esta proposta que mañá, mércores 22 de xullo, presentarán para a súa entrada no "Rexistro do Parlamento".

 


|

A plataforma 'SOS Sanidade Pública' encabeza esta proposta que mañá, mércores 22 de xullo, presentarán para a súa entrada no "Rexistro do Parlamento".

 

A presentación do texto e os seus detalles terá lugar ás 11 horas ante o Pazo do Hórreo, onde estarán reunidos representantes de distintas colectivos que apoian a ILP.

 

Manifestación celebrada en Vigo en defensa da sanidade pública, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, o 12 de maio de 2022..
Manifestación en Vigo en defensa da sanidade pública, convocada por SOS Sanidade Pública, o pasado 12 de maio | Foto: EP

A Iniciativa Lexislativa Popular impulsada polas plataformas que integran 'SOS Sanidade Pública' xa está en marcha. Sindicatos e asociacións que comulgan coas propostas da organización tamén participaron no texto que busca "recuperar e fortalecer" a Atención Primaria en Galicia

 

O groso das propostas do colectivo darase a coñecer mañá, mércores 22 de xullo, ás 11 horas ante o Parlamento de Galicia, onde se informará da "entrada no Rexistro do Parlamento" da ILP. 

 

GRAN APOIO POPULAR

A plataforma 'Pediatras e Matronas Xa!', como outras moitas organizacións en defensa da sanidade que operan en distintos puntos de Galicia, xa forma parte desta iniciativa coa que se denuncia a "cada vez máis deteriorada" Atención Primaria do SERGAS. 

 

Este é o "motivo" polo que as organización din verse "na obrigación de presentar esta iniciativa", que contará no momento da súa presentación co respaldo dos "representantes das plataformas territoriais, organizacións sociais, políticas e sindicatos que apoian a iniciativa". 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE