Prisa (El País, Cadena Ser) empeza a subcontratar contidos a ex-traballadores desatando a ira dos sindicatos
O departamento de vídeo pasa a depender dunha empresa externa que mantén a actividade nas mesmas instalacións do grupo e os antigos traballadores, pero con peores condicións laborais. Unha táctica de subrogación que permite aforrar custos e que os asalariados temen que se poida expandir a outros departamentos.
Os traballadores de Prisa Media mantiveron nestes últimos días un enfrontamento público coa dirección xa que a editora de El País subrogou o traballo de 21 dos membros do seu persoal, empeorando as súas condicións de traballo, pero mantendo a súa produción.
Estes 21 traballadores estarán nas mesmas instalacións, xunto aos mesmos compañeiros e equipos, pero sen permanecer na compañía.
A subrogación do departamento de vídeo non só deixaría desprotexida a parte do persoal, senón que “é o primeiro paso para un modelo de negocio que do que descoñecemos os plans”, recoñeceron nun comunicado conxunto de todos os Comités de empresa de todos os medios do grupo: o diario AS, Cinco días, El País, Prisa Media, Prisa Radio e Factoría.
Segundo afirman a aposta por reducir o peso salarial do persoal incidirá na calidade dos contidos e será o cómputo total dos traballadores os que terminarán pagando as consecuencias desta decisión de Miguel Barroso, partidario de aplicar estes recortes iniciais sobre o cadro de persoal.
Escribe o teu comentario