AquaOurense, Cruz Vermella e a Deputación unen forzas para concienciar sobre o consumo responsable da auga
A acción nace do Pacto Social AquaOurense, promovido por Viaqua e a Deputación de Ourense, e busca concienciar xunto con Cruz Vermella sobre hábitos responsables no consumo da auga.
A acción nace do Pacto Social AquaOurense, promovido por Viaqua e a Deputación de Ourense, e busca concienciar xunto con Cruz Vermella sobre hábitos responsables no consumo da auga.
Un cambio na nosa forma de consumo é fundamental, especialmente nun contexto de prealerta por seca como no que se atopa a provincia auriense.
Presentación da campaña | Foto: AquaOurense
Ás portas do verán e nun contexto de prealerta por seca como a activada pola Confederación Hidrográfica Miño Sil en toda a provincia de Ourense, é importante lembrar a importancia de coidar un recurso tan importante e escaso como é a auga. Por iso, co fin de concienciar sobre hábitos de consumo responsable, AquaOurense, Cruz Vermella e a Deputación de Ourense uniron as súas forzas nunha campaña con consellos para a cidadanía.
RESPECTO Ao MEDIO
A campaña foi presentada por Plácido Álvarez, presidente de AquaOurense e vicepresidente da entidade provincial, Javier Bobe, director da área de Medio Ambiente da Deputación, Víctor Comesaña, responsable de operacións de AquaOurense, Marisa Casero, coordinadora provincial de Cruz Vermella, e Francisco González, vicepresidente provincial de Cruz Vermella en Ourense.
A acción pode enmarcarse en o Plan Social de AquaOurense, no que Cruz Vermella é un dos actores con máis actividade, “concretamente no eixo de solidariedade e emprego de calidade”, con proxectos como este que entroncan cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU marcados dentro da Axenda 2030.
Campaña de AquaOurense, Deputación e Cruz Vermella | Foto: AquaOurense
Comesaña aproveitou o acto para poñer en valor “a importancia da posta en marcha campañas como esta para achegar á cidadanía a relevancia que ten concienciarnos sobre a situación de prealerta que está a vivir a provincia de Ourense e na cal todos debemos de cambiar os nosos hábitos para levar esta situación da mellor maneira posible”. De feito, algúns concellos de Ourense están a activar restricións neste escenario, como baixar as presións ou limitar as regas.
"É NECESARIO ADOPTAR NOVOS HÁBITOS"
Ao tempo, desde Cruz Vermella fixeron especial fincapé no compromiso da organización no medioambiente, “sabendo que os efectos do cambio climático teñen un importante impacto na saúde das persoas e afectan especialmente ás máis vulnerables”.
“Esta campaña é unha oportunidade para poñer o foco nunha realidade, a seca, para a que en Ourense non estamos concienciados nin habituados; por iso, é necesario adoptar novos hábitos de consumo e valorar a auga como un ben básico de vida que hai que usar con responsabilidade”, subliñan.
Foto: AquaOurense
A campaña pretende promover “hábitos racionais da auga en diferentes estancias da casa como a cociña e o baño ou noutros puntos como poden ser xardíns e hortas ou piscinas” e botará a rodar “a través de accións de sensibilización que levará a cabo o persoal voluntario de Cruz Vermella, entregando material de difusión e organizando charlas e talleres da man do persoal de AquaOurense na provincia”.
Escribe o teu comentario