O ano de ouro para os artistas galegos: Boyanka Kostova saca novo disco 'Ranaeira'

Este recoñecemento xa o conseguiron anteriormente con outros temas recompilados no seu traballo Vos dous de Sempre, pero Orquestra  e Diego Tristán son as cancións que os artistas necesitaban publicar para consolidarse como os primeiros galegos en facer esta mestura de xéneros. Así, en 2020 Boyanka xa conseguira facerse visibles entre a xente polo seu traballo que, aseguran, avogaba pola liberdade creativa e achegaba sorprendentemente ambos os xéneros.


|

O trap e o folclore unifícanse en galego por primeira vez grazas ao dúo compostelán. 


Unnamed (1)

Fonte: Boyanka Kostova.


A só dúas semanas da súa actuación en O Son do Camiño, Boyanka Kostova volve con novo disco e aseguran que se reafirman cos estilos que levan mostrando todo este tempo. 


Por tanto, afirman que Ranaeira trae máis trap, máis electrónica, máis muiñeira, máis retranca e máis contido explícito. O certo é que este ano os integrantes de Boyanka Kostova non foron os únicos artistas galegos que se fixeron eco no panorama musical. Este 2022 o galego vén pisando forte e faino da man de nomes como Tanxugueiras, Baiuca ou Sinistro Total


Precisamente, todos eles comparten con Boyanka a reivindicación pola propia identidade e, ademais, pola responsabilidade de romper coas barreiras entre o actual e o folclore. De feito, foron recoñecidos en varias ocasións por facer música no idioma cooficial, como foi o nomeamento a Disco Gallego polo seu último proxecto Muinheira de Interior. 


O dúo xa anticipou o enfoque das súas novas cancións no debut de Nova Canción Galega. Alí, cantaron sinxelos que os sentenciaron, oficialmente, como os pioneiros da música urbana-folclore. Este recoñecemento xa o conseguiron anteriormente con outros temas recompilados no seu traballo Os dous de Sempre, pero Orquestra  e Diego Tristán son as cancións que os artistas necesitaban publicar para consolidarse como os primeiros galegos en facer esta mestura de xéneros. 


Así, en 2020 Boyanka xa conseguira facerse visibles entre a xente polo seu traballo que, aseguran, avogaba pola liberdade creativa e achegaba sorprendentemente ambos os xéneros. Así pois, cancións como Muinheira de Interior conseguían transcender positivamente na sociedade. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE