(VIDEOCLIP) Así loce 'Ate o abrente', o último videoclip de Dakidarría antes de iniciar o seu 'Colaxe Tour'

A banda galega presenta o último vídeoclip antes de iniciar o circuíto do seu último disco este sábado 21 no Festival de Cans.


|

A banda galega presenta o último vídeoclip antes de iniciar o circuíto do seu último disco este sábado 21 no Festival de Cans.


“Se antes era incendiario, agora pasa a ser explosivo”, advirte Dakidarría sobre o show da fa formación para este verán. 


DKR Foto promo edit

Dakidarría | Foto: Dakidarría


Coa tempada de festivais ao virar a esquina, Dakidarría quenta motores presentando o videoclip do seu último tema, ‘Ate o abrente’, pertencente ao disco ‘Colaxe’ no que participan Evaristo, Boikot ou High Paw, entre outros. O grupo do Val Miñor propón unha viaxe neste videoclip para volver conectar co seu público nos directos, sobre todo agora que volven os concertos multitudinarios tras dous anos de parón pola pandemia.


A filmación de ‘Ate o abrente’, realizada nos estudos ‘A Carpintería’ de Nigrán -estudo aberto pola propia Dakidarría-, contou con Alber Castro na mestura, mentres que o vídeo, gravado en Pontecesures, Bueu, Vigo e Santiago de Compostela, é responsabilidade de Pixelecer.



O tema é “Dakidarría en estado puro”. “Un canto á explosión enerxética que supón cada reencontro co público, chamando á súa xente para volver a incendiar cada concerto coa alegría e a rebeldía que lles caracteriza”, explican.


Tras 18 anos sobre os escenarios, o Colaxe Tour promete recuperar o tempo perdido durante a crise sanitaria, con novas incorporacións nun show que “se antes era incendiario, agora pasa a ser explosivo”. 


DATAS COLAXE TOUR 2022:

● 21 MAIO, FESTIVAL DE CANS, CANS

● 27 MAIO, OUREN SOUND, OURENSE

● 11 XUÑO, ASTUDILLO PUNK ROCK, ASTUDILLO [PALENCIA]

● 17 DE XUÑO. FESTA DÁ COCA, REDONDELA

● 23 XUÑO, RACÒ MAREAROCK, ALACANT

● 24 XUÑO, ANTIFA ROCK, JUNEDA [LLEIDA]

● 9 JULIO, MUSIGAL, VILABOA

● 22 JULIO, TRESPA ROCK, TRESPADERNE [BURGOS]

● 23 JULIO, FESTA MAJOR, BLANES [XIRONA]

● 30 JULIO, ARBO ROCK, ARBO

● 13 AGOSTO, MUSIGAL, MONDARIZ

● 20 AGOSTO, ABELLA ROCK, BÉJAR [SALAMANCA]

● 9 SETEMBRO, MUSIGAL, PONTEAREAS

● 10 SETEMBRO, REVENIDAS, VILAXOAN

● 12 NOVEMBRO, SALA COPÉRNICO, MADRID

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE