Máis da metade das PCR deu positivo onte e estamos a un ritmo de case 1.900 mortes con covid en Galicia cada ano


Os pouco máis de 600 casos abertos comunicados este mércores son moitísimos menos que os dos pasados mércores e, por tanto, contribúen a que a transmisión siga baixando máis e máis rápido. Agora ben, cun matiz, son datos que proveñen dun festivo con poquísimas PCRs, como proba o feito de máis da metade deron positivo, algo xamais visto.


|


Os pouco máis de 600 casos abertos comunicados este mércores son moitísimos menos que os dos pasados mércores e, por tanto, contribúen a que a transmisión siga baixando máis e máis rápido. Agora ben, cun matiz, son datos que proveñen dun festivo con poquísimas PCRs, como proba o feito de máis da metade deron positivo, algo xamais visto.


A freada da transmisión déixase notar máis e máis na presión hospitalaria en planta convencional, aínda non tanto en UCI. Estamos aínda cunha cifra elevada de hospitalizados, ao redor dos 700, pero son xa un 7% menos que o mércores pasado.


Onde aínda non hai melloría é na curva de defuncións, que segue sendo moi elevada ante a pasividade da cidadanía e as administracións. Onte foron 10, hoxe 7 os galegos mortos con covid. Na última semana, 42. Se seguise o mesmo ritmo de defuncións de esta semana durante un ano,  morrerían con covid case 1.900 galegos ao ano.


incidencia acumulada semanal baixa moito, case 30 puntos ata 244   positivos por 100.000 habitantes.   A incidencia acumulada a 14 días tamén decrece notablemente, hata 577.  Os dous índices non pararon de baixar desde principio de mes e, ademais, están a acelerar a súa caída nos últimos días.


Hai que lembrar que co novo sistema só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro por exemplo. Tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 


O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo, por iso na gráfica hai dúas etapas diferenciadas con dúas cores diferentes, as súas cifras non son directamente comparables. Por outra banda, o cambio de método que reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.





O dobre da incidencia a 7 días é cada vez menor que a incidencia a 14 días.  A razón de taxas é de 0,85 hoxe; por tanto na última semana houbo un  15% de positivos menos que na penúltima. 


A taxa de positividade onte foi de o  50,8%, unha cifra francamente alarmante. Vale, que agora só fáiselle PCR a persoas vulnerables e/ou maiores con síntomas, pero aínda así o anterior máximo fora un 38%.  


É evidente que o SERGAS está a facer demasiados poucos test. A media diaria na última semana non chega nin aos 1.000 nun sistema sanitario que foi capaz de alcanzar medias superiores aos 13.000 ao día.  A  consecuencia desta cuestionable estratexia é que media semanal dispárase ata un novo máximo, superior ao 35%.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un - 3,5%.  Algo axuda a que a media semanal complete outro paso notable na boa dirección, caendo  de  -2,8% a -3,5 %. O descenso de casos activos dura xa case tres semanas e está a gañar velocidade nos últimos días.





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso de -940  . O total é de  casos activos é de 11.458    


DATOS POR ÁREAS

Na curva de casos activos por distritos sanitarios apréciase que a caída de casos activos a nivel Galicia se replica en todas as áreas, aínda que en diferentes graos. Santiago, que foi o distrito máis golpeado por esta onda en proporción ao seu tamaño, está a ser o que máis está a mellorar nestas semanas.





A Coruña (129) e Vigo (128) son os distritos que máis positivos comunican hoxe; o lóxico, porque son os máis poboados. Só hai outro, Santiago, que supera os 100. A Coruña é a área con máis presión hospitalaria, 170 pacientes, 8 críticos. Lugo segue cos seus UCIs baleiras.





ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A pandemia tende á baixa desde fai case tres semanas e o ritmo de caída da transmisión está a acelerar. Probablemente estea a acelerar algo menos do que indican as estatísticas de hoxe, pois hai que valorar que os festivos como o de onte adoitan implicar un atraso na transmisión de datos e unha redución importante do número de probas.
  • Como de alarmante é pasar dun máximo de positividade do 35% a un de máis do 50% ? Desde logo non é unha boa cifra e indica que as cifras de transmisión están artificialmente distorsionadas, afundidas moi por baixo dos seus valores reais. 

    P2mEN porcentaxe de pcrs positivas covid 19 en galicia


  • Ese epatante 50,8% de PCRs positivas é produto da discutible estratexia de gripalización, que trae unha rega engadida. Ao facerse tan poucas PCRs e ao non contar os autotest, a marxe de erro dos índices de transimisión dispárase moitísimo. Ese 50,8% pode ser produto tanto dunha explosión de positivos por unha nova variante como unha mera anécdota estatística produto dun día con poquísimas PCR. Non o podemos saber e non o poderemos saber ata dentro dunhas semanas, cando comprobemos como evoluciona a curva de hospitalizados, que é o indicador máis temperán e fiable que dispoñemos agora mesmo.  Este atraso entre o que pasa na rúa e o primeiro índice no que podemos confiar fainos moitísimo máis vulnerables a, por exemplo, a aparición dunha nova variante.
  • Que podemos esperar dos próximos días?  En teoría, a transmisión debería seguir baixando a bo ritmo, do mesmo xeito que as hospitalizacións; pois ambas as curvas alcanzaron o seu pico desta onda. En teoría, porque ese 50,8% debe facer acender algunhas luces de alarma.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE