Alfonso Rueda elixido presidente da Xunta de Galicia cos votos do PPdeG e o non do Bloque e do PSdeG

Alfonso Rueda Valenzuela acaba de ser elixido presidente da Xunta de Galicia grazas á maioría absoluta do PPdeG no Parlamento de Galicia.


|

Alfonso Rueda Valenzuela acaba de ser elixido presidente da Xunta de Galicia grazas á maioría absoluta do PPdeG no Parlamento de Galicia. 


Os conservadores sacaron a investidura adiante a pesar de a ausencia de Pedro Puy. O seu portavoz parlamentario sufriu unha indisposición que obrigou a trasladalo ao hospital. 


A votación foi máis accidentada do esperada, con dúbidas de se se debía repetir ou non a votación unha vez empezada por unha confusión no sistema de voto. 


Alfonso Rueda 2



Na súa última intervención no pleno de hoxe, Rueda criticou a Pontón por presentarse como candidata no canto de actuar como líder da oposición.  No ideolóxico, mostrou un discurso continuista respecto a a era Feijóo -mostrouse "moi orgulloso" destes anos como vicepresidente-  e prometeu estabilidade e apoio á unidade de España e á monarquía.





Rueda mostrouse crítico cos populismos e os nacionalismos, defendendo o concepto de España como unha irmandade. 


Na súa réplica, o novo mandatario prometeu escoitar as propostas do Bloque, pero pediulle que sexan realistas. O próximo presidente do PPdeG lembroulle ao Bloque que a transferencia da AP-9, que o Bloque arrincou ao PSOE nas negociacións da investidura de Pedro Sánchez, non se concretou. Ao seu adversario, Ana Pontón, lle 


Ao PSOE reprochoulle que cuestionase a lexitimidade da súa elección. Rueda lembrou as leas internas do PSOE e que Sánchez foi elixido presidente unha vez cando non era nin deputado. O político conservador tendeulle a man en todo caso para chegar a pactos en temas como o futuro da planta de Stellantis en Vigo.


Por parte do PP, tivo que intevernir na quenda final de alocucións no Pleno do Parlamento o viceportavoz, Miguel Tellado, tras a ausencia de Puy. Tellado criticou á oposición pola súa suposta falta de experiencia na xestión. O que seguirá sendo o escudeiro de Feijóo, agora en Xénova e no Senado, asegurou que non hai alternativa real ao PP en Galicia e lembrou as leas internas do bipatirto.


Roda 3




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE