Accidente mortal en Paderne: un motorista perde a vida ao choca contra un coche de madrugada
Os feitos ocorreron ao redor das 5 horas, na localidade coruñesa de Paderne.
Varios particulares chamaron a Emerxencias para comunicar a situación do piloto. Cando os efectivos de emerxencias chegaron ao lugar, nada puideron facer por salvar a vida do motorista.
Accidente de Paderne | Foto: @G24noticias
Un motorista perdeu a vida na madrugada deste sábado despois de chocar contra un coche na estrada DP-0905, no concello coruñés de Paderne.
Segundo informou o 112 Galicia, o accidente rexistrouse pasadas as 05,00 horas da madrugada. A esa hora, varias persoas particulares chamaron á central de emerxencias para informar do sinistro e xa avanzaban que unha persoa falecera.
AVISO DE PARTICULARES
Os alertantes sinalaban que a vítima quedara tendida na calzada tras o impacto da súa moto contra un vehículo. Ante esta información, os xestores do 112 Galicia deron aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Betanzos, aos voluntarios de Protección Civil da localidade e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Cando os efectivos de emerxencias chegaron ao lugar, nada puideron facer por salvar a vida do motorista. Así mesmo, o 112 Galicia tamén comunicou que a persoa que conducía o turismo necesitou asistencia sanitaria debido a unha crise nerviosa.
Escribe o teu comentario