O Open de disc golf aterra en Santiago de Compostela esta semana Santa, con 60 xogadores de toda Europa
O II Open Xacobeo de disc golf reúne na capital galega a máis de 60 xogadores profesionais e amateurs do continente.
O II Open Xacobeo de disc golf reúne na capital galega a máis de 60 xogadores profesionais e amateurs do continente.
Nava Castro xogando ao disc golf | Foto: xunta.gal
A algúns pode parecerlle unha excentricidade ou unha curiosidade máis, pero o disc golf é un deporte que foi gañando terreo nos últimos anos. Precisión e técnica son dúas dos compoñentes que reúnen os mellores lanzadores de Europa, que esta fin de semana, do 15 ao 17 de abril, danse cita en Santiago de Compostela con motivo do II Open Xacobeo de disc gol.
O evento trae á capital galega a máis de 60 competidores, profesionais e amateur, amparado pola PDGA e con máis de mil euros en premios a repartir entre os gañadores. Ademais, a proba será puntuable para a II Edición da Copa de España.
“Celebrarase unha rolda cada día, entre as 8:00 e as 17:30, nun campo adaptado para a ocasión nas instalacións do Monte do Gozo, que xa conta cun campo de disc golf permanente. Polas tardes, realizaranse ademais outras competicións de lanzamento de discos”, comentan os organizadores do Compostela Disc Golf Club.
Disc golf no Monte do Gozo | Foto: Compostela Disc Golf Club
“O disc golf é un deporte nado na década de 1970 nos EEUU e que nos últimos 30 anos fíxose moi popular nos países do norte de Europa, especialmente en Finlandia e Estonia. En España, construíuse o primeiro campo permanente en Oviedo en 2013 e o segundo en Santiago de Compostela en 2018. Na actualidade hai 15 campos repartidos pola xeografía española e estanse proxectando varios máis”, repasan desde a organización, que animan a todos a achegarse esta fin# de semana para botar uns foxos en Compostela.
Escribe o teu comentario