Vídeo mostra o masacre de civís en Kramatorsk, da que Ucraína e Rusia acúsanse mutuamente


Ducias de persoas faleceron e foron feridas hoxe cando esperaban para coller trens que as afastasen de Kramatorsk, no leste de Ucraína. As últimas cifras falan de 40 mortos e duns 90 feridos, aproximadamente, incluídos nenos.


|

Ducias de persoas faleceron e foron feridas hoxe cando esperaban para coller trens que as afastasen de Kramatorsk, no leste de Ucraína. As últimas cifras falan de 40 mortos e duns 90 feridos, aproximadamente, incluídos nenos.


UCRAÍNA ACUSA A RUSIA

"Querían sementar o pánico e o medo, querían levar por diante á maior cantidade de civís posible", denunciou o gobernador da rexión de Donetsk onde se sitúa a estación de Kramatorsk. Pavlo Kyrylenko fala de un ataque deliberado das forzas rusas. O mandatario asegura que estalou un foguete que contiña munición prohibida.  


O presidente de Ucraína tamén culpa a Rusia. Nunha intervención esta manana no Parlamento de Finlandia, Volodímir Zelenski dixo que "as forzas rusas (dispararon) contra unha estación de tren común, contra xente común, non había soldados alí",.


RUSIA ACUSA A UCRAÍNA

Os rusos estiveron prestos en negar as acusacións, como noutras episodios que provocaron a morte de numerosos civís, como en Bucha ou Mariupol. 


O Estado Maior do Forzas Armadas da Federación Rusa publicou esta mañá un comunicado que  "os mísiles tácticos Tochka-Ou cuxos restos se atoparon preto da estación de tren de Kramatorsk son utilizados unicamente polas Forzas Armadas de Ucraína".


O Kremlin di  o ataque á estación de tren de Kramatorsk foi levado a cabo pola división de mísiles das forzas armadas ucraínas desde a área de Dobropol'e, a 45 quilómetros ao suroeste da cidade. A intención de disparar sobre civís sería "interromper a saída masiva de residentes da cidade para utilizalos como escudo humano para defender as posicións das forzas armadas ucraínas, como en moitos outros centros de poboación".


RECRÚASE A GUERRA NO LESTE

Hai que lembrar que Moscova está na primeira fase dunha ofensiva no leste de Ucraína, rexión onde está Kramatorsk. 


O seu exército centra alí os seus esforzos tras quedar estancado e retirarse no norte e ao rededor de Kiev. A intención é, polo menos, conquistar todo o territorio que reclaman as dúas autodeclaradas repúblicas independentes de Donetsk e Lugansk  . 


Sexa quen sexa o culpable, non hai dúbidas de que o sucedido na estación de tren cando os refuxiados tentaban escapar é un verdadeiro masacre. As imaxes -que son moi duras e que deben evitar as persoas sensibles- falan por se soas.


Photo6233337323345522527


Ataquea á estaciu00f3n de tren de Kramatorsk en Ucraína 3


Ataquea á estaciu00f3n de tren de Kramatorsk en Ucraína


 





Esta é unha imaxe dos supostos restos do foguete preto da estación. 


Resto de mísil supostamente preto da estaciu00f3n de Kramatorsk


 






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE