José Manuel Pérez, alcalde de Melide: "O melindre, o máis doce de Galicia"

Este ano celébrase o trinta aniversario da Festa do Melindre. O pregón correrá a cargo de Cristina Pampín, licenciada en xornalismo e criminología.  Como todos os anos, a festa celebrarase na segunda semana de maio e contarán con variadas actividades para todos os públicos. De esquerda a dereita: Xosé Igrexas, José Manuel Pérez e Alberto Rodríguez - Cinthia PiñeiroLlega maio e, con el, a festa máis tradicional de Melide.


|

Este ano celébrase o trinta aniversario da Festa do Melindre. O pregón correrá a cargo de Cristina Pampín, licenciada en xornalismo e criminología.  


Como todos os anos, a festa celebrarase na segunda semana de maio e contarán con variadas actividades para todos os públicos. 

20220407 123022

De esquerda a dereita: Xosé Igrexas, José Manuel Pérez e Alberto Rodríguez - Cinthia Piñeiro


Chega maio e, con el, a festa máis tradicional de Melide. Hoxe, o seu alcalde José Manuel Pérez, estivo na aula gastrocultural do Mercado de Abastos en Santiago de Compostela presentando a trixésima edición da Festa do Melindre. Acompañábao Alberto Rodríguez, presidente da Asociación da Repostería Tradicional de Melide Terra Doce e Xosé Igrexas, concelleira e segundo tenente de alcalde de Melide. 


Estiveron a presentar o programa de actividades de 2022 da primeira quincena de maio. Informaron de que contarán coa participación de referentes galegos na gastronomía como Miguel Vila, crítico e xornalista, Fátima Estévez, profesora da panadería EFA A Cancela das Neves ou José Manuel García, director de 'Comer e Falar'. Tamén haberá actividades de degustación do melindre, protagonista da festa, e concertos ao remate da xornada. 


Alberto Rodríguez destacou no acto a gran implicación que teñen por ensinarlle aos máis pequenos e pequenas a súa riqueza cultural gastronómica. É por iso que tamén haberá actividades para os centros educativos a cargo de EFA Piñeiral de Arzúa, A Cancela das Neves e CIFP Villamarín de Ourense.


MELINDRES, RICOS E AMENDOADOS

Con todo, o melindre non é o único produto de repostería tradicional que se elabora en Melide. Tamén os ricos e os amendoados son propios da terra melidá. 


Os melindres, para quen aínda non o coñecen, son rosquillas pequenas bañadas en sirope de azucre. Están elaborados con fariña de trigo, ovos caseiros e manteiga de vaca cocida. O rico, en cambio, destaca sobre vos demais por ser unha sobremesa autóctona da Terra de Melide. O seu particular forma alongada elabórase con fariña, azucre, manteiga, limón, anís ovos e améndoas. Os amendoados, como o seu propio nome indica, ten un gran sabor a améndoa, e é un bo exemplo de produtos procedentes do mediterráneo. 


No acto destacaron a importancia destes tres doces para a tradición da repostería en Melide. É por iso que abrirán tres espazos para cada un deles no centro do concello. Preto de a bifurcación entre Avenida Progreso e Avenida de Lugo atoparase o posto para os amendoados. O espazo rico e espazo melindre situaranse máis próximos á Rúa do Convento.  


ACCIÓN SOLIDARIA 

Debido á situación de conflito, o concello de Melide quixo mostrar a súa solidariedade co pobo ucraíno no acto de presentación. Durante toda a mañá, no Mercado de Abastos, podíase comprar un café con dous melindres a 2 euros, diñeiro que será destinado para a ONG Itínera Faciendo Nenos de Ucraína de Galicia. 


20220407 115421

Acción Solidaria con Ucraína - Cinthia Piñeiro



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE