A Asociación Galega de Axuda a Ucraína envía o seu noveno tráiler de axuda humanitaria
O transporte saíu esta mañá do polígono de Pocomaco da Coruña, dirección ao leste de Europa.
O transporte saíu esta mañá do polígono de Pocomaco da Coruña, dirección ao leste de Europa.
Ademais de artigos de primeira necesidade, o tráiler leva medicamentos cedidos polo Hospital Materno Infantil da Coruña.
Foto: AGA Ucraína
Pasou xa un mes desde o inicio da ocupación rusa en territorio ucraíno. A guerra en Ucraína desprazou a millóns de persoas das súas casas e, a que queda no país, resiste como pode, a pesar da fame e o desabastecemento en moitas localidades. Europa envorcouse na axuda aos civís e froito diso xurdiron organizacións como a Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA Ucraína), que neste tempo xa enviou nove tráileres con dirección ao país do leste de Europa.
Entre o último cargamento, que partiu esta mañá do polígono de Pocomaco da Coruña, figuran varios palees de medicamentos que o Materno Infantil da Coruña envía a hospitais ucraínos.
“É o quinto que sae da Coruña, xunto a outros saídos de Vigo, Ourense e León”, comenta a plataforma na súa nota.
Foto: AGA Ucraína
Ademais de medicinas, o transporte leva a Ucraína alimentos, roupa, sacos de durmir, mantas ou produtos de hixiene, que saen de “a xenerosidade de miles de galegos”.
.
Escribe o teu comentario