As palabras de Feijóo sobre a violencia vicaria son "un desporpósito", critica a nai das nenas asasinadas en Moraña
Rocío Viéitez, a nai de Candela e Amaia, as nenas asasinadas polo seu pai, David Oubel, en xullo de 2015 en Moraña (Pontevedra), recriminou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, as declaracións que fixo este xoves --e que despois matizou-- en relación á violencia vicaria ao considerar que supoñen "un despropósito".
A nai das nenas asasinadas en Moraña recrimina a Feijóo o seu "despropósito" de declaracións sobre violencia vicaria
A nai de Candela e Amaia, dous menores asasinadas polo seu pai en Moraña en 2015, tachou de "despropósito" as declaracións de Feijóo sobre a violencia vicaria, que máis tarde matizaría en redes.
"Era violencia de xénero. Quen non estaba recoñecida era eu. E si, recoñeceron ás vítimas vicarias, con retroactividade desde o ano pasado en Galicia, pero non pode matizar agora un despropósito de declaración e con exemplo que sobraba", denuncia Rocío Viéitez.
Feijóo | Foto: EP
Rocío Viéitez, a nai de Candela e Amaia, as nenas asasinadas polo seu pai, David Oubel, en xullo de 2015 en Moraña (Pontevedra), recriminou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, as declaracións que fixo este xoves --e que despois matizou-- en relación á violencia vicaria ao considerar que supoñen "un despropósito".
A preguntas dos medios, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Executivo, Feijóo afirmou que o caso dun pai que mata os seus fillos no marco de "un problema coa súa parella" é un caso de "violencia intrafamiliar e non machista". Posteriormente, matizou as súas palabras e vía Twitter aclarou que opina é que a violencia vicaria si é unha forma de violencia machista que coexiste coa intrafamiliar.
"Galicia sabe o que é que un pai asasine os seus fillos para danar á nai e non estaba considerado violencia de xénero. Por iso Galicia cambiou a lei para recoñecer a violencia vicaria como violencia machista", recollía Feijóo no seu perfil de Twitter.
"Era violencia de xénero. Quen non estaba recoñecida era eu. E si, recoñeceron ás vítimas vicarias, con retroactividade desde o ano pasado en Galicia, pero non pode matizar agora un despropósito de declaración e con exemplo que sobraba", replicó a nai das nenas asasinadas en Moraña ao presidente galego nesta mesma rede social.
Viéitez difundiu outras mensaxes nas súas redes sociais nas que critica a Feijóo por usar o "intrafamiliar", que ve outro termo máis para "disfrazar, categorizar e non recoñecer a violencia de xénero". Oubel foi o primeiro condenado a prisión permanente revisable en España por asasinar as súas fillas.
Escribe o teu comentario