Touro pide axudas para poñer especificamente farois da empresa do irmán de Díaz Ayuso


O problema é que na memoria figura o nome de Artesolar, cando en teoría ese documento -que se pode ler a o  fondo de esta noticia- é o primeiro paso polo que Touro debería lanzar un concurso público para escoller empresa e modelos de farois. 


|

O Concello de Touro aprobou pedir unha subvención para instalar lámpadas de Artesolar, a empresa na que é directivo Tomás Díaz Ayuso. 


O problema é que na memoria figura o nome de Artesolar, cando en teoría ese documento -que se pode ler a o  fondo de esta noticia- é o primeiro paso polo que Touro debería lanzar un concurso público para escoller empresa e modelos de farois. 



Farol Fernandino un dos que pide Touro no folleto da wen de Artesolar

Farol Fernandino un dos que pide Touro no folleto da web de Artesolar 


Tomás Díaz Ayuso leva máis de cinco anos como Xerente de Desenvolvementos de Proxectos, segundo el mesmo indica no seu Linkedin, de Artesolar. 


Como é posible que nada máis empezar o proceso administrativo apareza o nome dunha posible adxudicataria nas regras?  "Parece que alguén quería meter a pezuña no Concello" indica con sorna Xan Louzao, concelleiro do BNG, a Galiciapress.  


Desde Movemento Veciñal de Touro falan de  "posibles irregularidades" e votaron en contra da memoria no recente pleno. O Bloque pediu que se pedise a subvencion pero eliminásese a referencia a Artesolar.  Algo similar fixo o PSOE, que indica que a memoria xa lle constou 2.500 euros aos veciños. Votou a favor a maioría absoluta do PPdeG, que domina esta administración hai décadas.


Así que, superado o trámite plenario, a memoria para pedir 150.000 euros partiu desde Touro ao IDAE, en ente do Estado que concede este tipo de subvencións. 


Por que é senón irregular se curioso que apareza o nome de Artesolar na memoria para pedir a subvención? É coma se o Concello pedise unha axuda para comprar bolígrafos Bic Laranxa. Se lle dan a subvención e saca un concurso para compralos, calquera eventual adxudicación sería nula. 


As administracións poden licitar bens con características específicas, por exemplo uns bolígrafos de punta azul  moi fina 0,7 mm  e de dimensións 152 x 55 x 47 centímetros . O que  non poden é licitar Bic Laranxa e, moito menos, esixir as marcas dunha das compañías que potencialmente pode gañar o concurso. 


Con todo, na memoria que o alcalde levou ao pleno do Concello de Touro para a súa aprobación non se piden farois xenéricos de tantos megawatios, se non "luminaria viaria artesolar Abby 1" e "luminaria viaria artesolar Abby 2".  Os farois non serán uns calquera, serán o  "Farol clásico Fernandino Artesolar".


VERSIÓN DO ALCALDE

"Fíxose así para solicitalo, non asinamos nada, cada un di o que quere. Logo no proxecto ábrese o concurso, pola contra, sería ilegal. Se quen é Díaz Ayuso, pero non a coñezo persoalmente, paréceme absurdo", declarou o alcalde Ignacio Codesido cando foi consultado por Público.


O alcalde non o ten fácil para conseguir esa subvención. Do IDAE respondéronlle que debe rectificar a memoria. Non porque pedise especificamente os modelos da empresa do irmán da posible nova líder do partido do acalde, senón porque, segundo o BNG, o Concello de Touro tamén pediu a subvención para cambiar as luces nunha zona na que xa se cambiaron hai pouco. "Unha dobre metedura de pata", resume Louzao. 


FB IMG 1645224568608


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE