Jácome gastou 14.000 euros nos dromedarios da cabalgata de Reyes de Ourense, denuncia o PSdeG

A maioría das concellos hai anos que prescinde do uso destes animais, pois entende que o seu paseo no inverno galego contribúe aos malos tratos animais.



|

A maioría das concellos hai anos que prescinde do uso destes animais, pois entende que o seu paseo no inverno galego contribúe aos malos tratos animais.


Cabalgata en Ourense nunha foto de Rosa Veiga para Europapress



Desde o Grupo Municipal Socialista critican o suposto ensañamiento cos animais. Ademais, poñen o foco no gasto. "Agora sabemos o número exacto deste espectáculo (...) a pesar dos intentos de Jácome de ocultar a factura e o importe".


A oposición indica que o prezo do alugueiro dos tres últimos dromedarios suposo un total de 12.000€ máis IVE  14.520€ IVE incluído.


MODIFICACIÓN LEXISLATIVA

Na súa opinión, usalos implica unha "volta ao pasado" nunha cidade que hai tempo prohibiu os circos con animais.  Unha utilización que tamén foi criticada no seu día por movementos animalistas.  Pola súa banda, o mandatario sacou peito  pois dixo que os nenos estaban contentos “ao ver que viñan en dromedarios dicían que a Ourense chegaran os Reyes de verdade”, non como noutras cidades como Vigo.


Ademais, o PSdeG lembra que está en trámite unha nova lei que impide usar animais en exhibicións, beléns, cabalgatas ou procesións nas que o animal sexa mantido desnaturalizado segundo as características da súa especie, ou inmobilizado durante a duración do evento.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE