Nin un paso atrás entre os traballadores da conserva: tres días de folga en marzo e gran manifestación o 19 de febreiro​


|

Boiro acollerá a gran protesta do sector o próximo 19 de febreiro, previa aos tres días de folga convocados polos sindicatos.


Desde CC.OO. advertiron a este medio que, aínda que non era unha opción nestes momentos, os sindicatos non descartaban unha folga indefinida ante o inmobilismo da patronal. 


WhatsApp Image 2022 02 10 at 16.00.25 (2)

Manifestación de traballadores da conserva o pasado 21 de xaneiro en Boiro | Foto: Galiciapress


A Federación de Industria, Construción e Agro de UXT, CC.OO. de Industria, e CIG-FGAMT, acordaron tras a reunión que mantiveron este mércores convocar máis días de folga en marzo na industria de conservas de peixe para conseguir un convenio digno.

En concreto, nesta encontro concretáronse as medidas de presión que consideran necesarias para lograr que a patronal do sector "reflexione" para que se poida alcanzar un acordo satisfactorio no convenio colectivo do sector, segundo informou UXT nun comunicado.

Neste sentido, CC.OO. de Industria, a Federación de Industria, Construción e Agro de UXT e CIG-FGAMT, acordaron realizar unha gran manifestación en Boiro (A Coruña) o próximo día 19 de febreiro ás 12.00 horas.


Por outra banda, acordaron a convocatoria de tres días máis de folga, sendo estes o 14, 16 e 18 de marzo, que se suman aos paros que se deron en febreiro.

Ademais, os sindicatos teñen previsto entre a manifestación do 19 de febreiro e o inicio da folga que arrincarán o 14 de marzo, poñer en marcha outras medidas de presión como a realización de concentracións nas portas dos supermercados.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE