Covid por concellos: Vigo (-359) lidera o descenso de casos xeral, aínda que a área de Ourense repunta

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que todas as cidades acusan importantes descensos, con Vigo cun descenso por encima dos 300 casos e Santigo e A Coruña con máis dun centenar menos. Con todo, a área de Ourense sobe hoxe a diferenza das outras seis áreas sanitarias.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que todas as cidades acusan importantes descensos, con Vigo cun descenso por encima dos 300 casos e Santigo e A Coruña cunha baixada de máis un centenar de casos. Con todo, a área de Ourense sobe hoxe a diferenza das outras seis áreas sanitarias. 


Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo a as súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10.


Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas e  canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos,  onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque envillas e urbes tamén empezan a saltar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, usando os niveis do anterior semáforo de alertas, non do vixente.


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,83; o que quere dicir que na última semana houbo un 17% menos de positivos que na penúltima. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Laxe, on 0,38, é a que máis baixa hoxe.



Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que O Bolo é o municipio que máis está a empeorar, cunha razón de taxas de 1,86. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos nin soben nin baixan desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en branco no mapa da razón de taxas. Boiro é a única nese nivel hoxe.  


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe cinco casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Vilaboa +15
  • Pol +14
  • San Amaro +14
  • Betanzos +6
  • A Estrada +5
  • Cuntis +5




Relación de cidades e concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe dez casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Vigo -359
  • A coruña -167
  • Santiago de Compostela -146
  • Lugo -82
  • Ribeira -58
  • Pontevedra -57
  • Ames -43
  • Ourense -36
  • Oleiros -35
  • Ferrol -32
  • Vilagarcía de Arousa -32
  • Narón -30
  • Ponteareas -29
  • Teo -28
  • Cangas -24
  • Redondela -24
  • Nigrán -23
  • Culleredo -22
  • Chantada -22
  • Vilalba -22
  • Tui -22
  • Negreira -20
  • Porto do Son -19
  • Moaña -18
  • Cambre -17
  • Sada -17
  • Burela -17
  • O Porriño -16
  • Outes -15
  • Baiona -15
  • Gondomar -15
  • Ordes -14
  • Viveiro -14
  • Salceda de Caselas -14
  • Brión -13
  • Cervo -13
  • Foz -13
  • Vilanova de Arousa -13
  • Rianxo -12
  • Poio -12
  • Boiro -11
  • Carral -11
  • Muros -11
  • Oroso -11
  • O Barco de Valdeorras -10
  • A Guarda -10
  • Lalín -10
  • Mos -10
  • Salvaterra de Miño -10




TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A subida dos contagios influíu no ritmo de descenso de casos activos, que se retardou nas últimas horas, aínda que o total de persoas enfermas en Galicia segue sendo este xoves levemente inferior ao día anterior. Segundo Sanidade, hai 49.182 casos activos de Covid na Comunidade galega, 194 menos que fai unha xornada.

Por áreas, Vigo segue concentrando o maior número de afectados, con 11.834 (327 menos); na área da Coruña hai 10.738 casos activos (52 menos); na área de Santiago hai 8.819 casos (76 menos); na área de Lugo hai 5.030 infeccións activas (77 menos); e na área de Ferrol tamén baixaron levemente os casos totais, que se sitúan en 2.334 (11 menos).

A única área sanitaria que rexistrou nas últimas horas un aumento do número global de enfermos foi Ourense, que ten 4.984 casos activos, 103 máis que hai un día

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Con respecto á presión hospitalaria, en Galicia hai actualmente 47 persoas ingresadas en Unidades de Coidados Intensivos (unha menos que este mércores) e 635 persoas ingresadas en camas convencionais (11 menos).

O maior número de enfermos graves están ingresados nas áreas da Coruña e Vigo, con 10 (un menos) e 9 (tres máis) persoas respectivamente. Na área sanitaria de Santiago hai 7 enfermos cpon Covid en coidados críticos (sen cambios), os mesmos que na área de Lugo (2 menos).

Na área sanitaria de Pontevedra seguen 6 pacientes en UCI, na área de Ourense baixaron de 6 a 5, e na área sanitaria de Ferrol seguen 3 enfermos en coidados críticos.

 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE