A seca deste inverno segue provocando incendios, onte 2 en Baltar (Ourense)
A previsión tempo moi seco empeza a cambiar a finais de presente semana Tamén hai que lembrar que a Xunta prohibiu a queima de restrollos hai xa uns días.
A previsión tempo moi seco empeza a cambiar a finais de presente semana Tamén hai que lembrar que a Xunta prohibiu a queima de restrollos hai xa uns días.
Fotosdel incendio tomada desde o helicóptero da brigada aerotransportada de Laza.
A Consellería do Medio Rural dá por extinguidos os dous incendios rexistrados nas últimas horas no municipio ourensán de Baltar, que afectaron as parroquias de Abades e Vilamaior de Boullosa, onde arderon un total de 45 hectáreas.
Segundo informaron fontes do departamento autonómico, sobre as 21,40 horas quedou extinguido o incendio en Vilamaior, que afectou a 30 hectáreas de monte raso e outras 10 de monte arborizado. Tratouse dun lume que procedía de Portugal e para cuxa extinción se mobilizaron 5 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas e un helicóptero.
Por outra banda, na madrugada deste luns quedou tamén extinguido o incendio na parroquia de Abades, tamén en Baltar e tamén procedente de Portugal. Segundo as últimas medicións de Medio Rural este lume afectou a 5 hectáreas de monte arborizado. Para sufocar as chamas mobilizáronse 5 axentes, 3 brigadas, 3 motobombas e un helicóptero.
Nas últimas horas tamén foron extinguidos varios incendios que afectaron o Parque Natural Baixa Limia-Xurés, na provincia de Ourense. Os lumes afectaron a unhas 50 hectáreas nos municipios de Entrimo e Calvos de Randín, e as chamas tamén procedían de incendios declarados en Portugal.
Escribe o teu comentario