Falece un home dun caída nunha zona de difícil acceso do monte Pindo, en Carnota
Un home faleceu nunha caída ao sufrir unha indisposición mentres descendía polo monte Pindo, no municipio coruñés de Carnota.
Ata o lugar do suceso desprazáronse un equipo de Gardacostas e un helicóptero medicalizado.
Os equipos de rescate tratan de chegar ata o corpo do falecido.
Helicóptero da 061 | Foto: EP
Segundo informa o 112 Galicia este sábado, ata o lugar desprazouse un helicóptero con equipo médico e outro do servizo de Gardacostas.
Así, está activo un operativo para o rescate do corpo deste senderista nunha zona de difícil acceso no monte Pindo.
Escribe o teu comentario