​Profesionais de enfermería e fisioterapia concentraranse o 10 de febreiro contra a “precariedade” do SERGAS

O Sindicato de Enfermería (SATSE) anunciou as mobilizacións para o próximo 10 de febreiro pare denunciar a situación que sofren os profesionais en Galicia.Esta será unha das moitas protestas que impulsará o sindicato neste ano co obxectivo de lograr “melloras nas condicións profesionais e laborais as enfermeiras, enfermeiros e fisioterapeutas”.Protesta de SATSE | Foto: EP A sexta onda levou, unha vez máis, ao límite das súas forzas aos sanitarios galegos.


|

O Sindicato de Enfermería (SATSE) anunciou as mobilizacións para o próximo 10 de febreiro pare denunciar a situación que sofren os profesionais en Galicia.




Esta será unha das moitas protestas que impulsará o sindicato neste ano co obxectivo de lograr “melloras nas condicións profesionais e laborais as enfermeiras, enfermeiros e fisioterapeutas”.


Satse

Protesta de SATSE | Foto: EP


A sexta onda levou, unha vez máis, ao límite das súas forzas aos sanitarios galegos. Nun ambiente de extenuación e sen os recursos doutras ondas, a Atención Primaria foi a máis golpeada por esta crise. É por iso que, para denunciar o abandono do servizo e a precariedade á que se enfrontan os traballadores, enfermeiros, enfermeiras e fisioterapeutas protestarán contra a Consellería de Sanidade pola deterioración dos centros de saúde galegos.


A mobilización, anunciada por SATSE e programada para o 10 de febreiro “nos centros de saúde do conxunto das capitais de provincia de todo o Estado”, busca poñer o foco sobre os problemas que arrastra a sanidade pública.


Esta será unha das moitas protestas que impulsará o sindicato neste ano co obxectivo de lograr “melloras nas condicións profesionais e laborais as enfermeiras, enfermeiros e fisioterapeutas”.


“SATSE inicia estas accións en defensa da sanidade e os seus profesionais nos centros de saúde unha vez que a pandemia do Covid-19 puxo de especial relevancia os numerosos problemas e deficiencias que a Atención Primaria de de Galicia vén arrastrando desde hai moitos anos, e que a Consellería de Sanidade foi incapaz de resolver, os cales repercuten directamente na atención sanitaria e coidados que se deben prestar á cidadanía”, denuncian.


Nese sentido, destacan o preocupante déficit de persoal, a falta de medios ou o peche de centros como algúns dos problemas centrais da sanidade galega que supoñen un grave prexuízo para os usuarios.  


As concentracións impulsadas por SATSE realizaranse , ás 10:30 horas, nos centros de saúde que, a priori, dispoñen de algo máis de recursos humanos, o cal favorece minimizar a repercusión destas na atención sanitaria e coidados que se prestan ao conxunto da cidadanía”, comentan os organizadores. Ao tempo, animan á participación, “decisiva para que, coa forza que lles dá a razón e a xustiza, defendan e esixan o que a todos e todas nos une, como é lograr un sistema sanitario público, universal e de calidade, e uns profesionais recoñecidos e protexidos”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE