Gonzalo Caballero confínase tras o positivo do seu fillo de dez anos; Yolanda Díaz retoma a súa axenda

Gonzalo Caballero non lanzou un resultado positivo nos test, pero ao confirmarse o contaxio do seu fillo maior debe gardar corentena ao ter algúns síntomas.Yolanda Díaz, pola contra, anunciou que xa se atopa recuperada despois de dar positivo a pasada semana.Gonzalo Caballero | Foto: EPLos políticos, como non podía ser doutra forma, tampouco son inmunes ao virus, e nesta sexta onda os positivos entre as figuras da política galega foron unha constante. O último en caer, aparentemente, é Gonzalo Caballero, ex secretario xeral do PSdeG e aínda parlamentario a pesar de perder a portavocía. O socialista anunciou a través de Twitter que o seu fillo de 10 anos dera positivo en Covid-19 esta mañá.


|

Gonzalo Caballero non lanzou un resultado positivo nos test, pero ao confirmarse o contaxio do seu fillo maior debe gardar corentena ao ter algúns síntomas.


Yolanda Díaz, pola contra, anunciou que xa se atopa recuperada despois de dar positivo a pasada semana.


O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa

Gonzalo Caballero | Foto: EP


Os políticos, como non podía ser doutra forma, tampouco son inmunes ao virus, e nesta sexta onda os positivos entre as figuras da política galega foron unha constante. O último en caer, aparentemente, é Gonzalo Caballero, ex secretario xeral do PSdeG e aínda parlamentario a pesar de perder a portavocía. 


O socialista anunciou a través de Twitter que o seu fillo de 10 anos dera positivo en Covid-19 esta mañá. "En casa temos síntomas de catarro, eu dei negativo en antígenos e no teléfono da Xunta acaba de dicirme que debos estar ailasdo estes días ata descartalo", informou Caballlero. "Toca confinarse uns días, pero seguirei traballando desde casa", relatou. 


A outra cara da moeda atopámola na ministra de Traballo e vicepresidenta segunda do Goberno de España, Yolanda Díaz, que se atopa xa recuperada da enfermidade e que martes retomará a súa axenda. 


Tamén en redes sociais quixo agradecer o agarimo recibido e lembrou a importancia de vacinarse: "A vacinación e as medidas de seguridade refórzannos fronte ao virus". Díaz preve participar mañá na reunión do Consello de Ministros e outros actos. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE