Viaqua é certificada pola súa xestión ética e socialmente responsable

Viaqua é a única empresa galega do sector da auga certificada pola súa xestión ética e socialmente responsable coa norma SGE 21 de Forética, organización referente en sustentabilidade e responsabilidade social empresarial en España.


|

9461a9ee 7ed6 eb12 72b5 5f65de276fdd

Imaxe de Viaqua.gal


Viaqua é a única empresa galega do sector da auga certificada pola súa xestión ética e socialmente responsable coa norma SGE 21 de Forética, organización referente en sustentabilidade e responsabilidade social empresarial en España.


A norma SGE 21, é a primeira norma europea que permite implantar, auditar e certificar un sistema de xestión ética e socialmente responsable. Esta norma establece tres piares fundamentais na xestión empresarial: o respecto ao medioambiente, o compromiso social e o bo goberno; establecendo unha serie de requisitos a satisfacer en cada un deles. O cumprimento desta norma garante o compromiso da organización con a sustentabilidade e a loita contra o cambio climático, a ética e bo goberno dos seus directivos e traballadores e o compromiso social cos seus diferentes grupos de relación.


Leticia Rodríguez, directora de Desenvolvemento Sostible de Viaqua declara que “día a día afianzamos os nosos compromisos en materia de sustentabilidade, ética e responsabilidade social, e é a implantación e mantemento deste sistema de xestión unha ferramenta esencial para iso. Levamos a cabo unha sistemática enfocada á integración voluntaria das preocupacións sociais e ambientais, tanto nas relacións co noso persoal como cos nosos grupos de relación”.


“Temos un compromiso real cos nosos clientes e demais grupos de relación, intensificando o diálogo social e forxando alianzas, potenciando a transparencia e a confianza e realizando unha xestión sostible do noso servizo, estando en continua avaliación e mellora grazas á SGE 21.”- afirma a directora de Desenvolvemento Sostible de Viaqua.


Hoxe en día, tanto empresas de titularidade pública ou privada, como entidades do terceiro sector, utilizan a norma SGE 21. A empresa Viaqua, que presta servizo a preto de 50 municipios en Galicia, posiciónase deste xeito como unha entidade referente en materia de responsabilidade social corporativo e reforza o seu compromiso coa concienciación e compromiso social desde o punto de vista empresarial, sendo a única empresa galega do sector da auga, que acredita a súa xestión con este selo de calidade.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE