CUT convoca mobilizacións nas principais cidades contra a precariedade entre o profesorado
Os docentes denuncian a “precarización do cadro de persoal do ensino galego” nun momento de crise.Foto: CUT A comunidade educativa leva meses denunciando os recortes que sufriron no presente curso.
A Central Unitaria de Traballadores (CUT) celebrará asembleas abertas en cinco cidades este mércores 19 de xaneiro.
Os docentes denuncian a “precarización do cadro de persoal do ensino galego” nun momento de crise.
Foto: CUT
A comunidade educativa leva meses denunciando os recortes que sufriron no presente curso. A Xunta de Galicia decidiu prescindir de parte do reforzo co que contaban os centros escolares o ano pasado e agora, en plena sexta onda, con centenares de docentes de baixa e miles de alumnos contaxiados, a situación nas escolas empeorou notablemente.
Desde a Central Unitaria de Traballadores (CUT) reclaman máis estabilidade no corpo docente, sobre todo ante “a negativa do goberno de Feijóo a aplicar a lei e estabilizar o profesorado galego”.
É por isto que desde CUT convocaron cinco asembleas abertas para mañá en Santiago de Compostela, Lugo, Vigo, Ourense e A Coruña. Para asistir lembran que é obrigatorio o uso da máscara.
“A CUT chama a todo o profesorado afectado e compañeiros funcionarios dos
centros a participar delas e acabar dunha vez por todas coa precarización do cadro de persoal
do ensino galego”, sinalan desde o sindicato.
MÉRCORES 19 DE XANEIRO 19:00 HORAS:
- A Coruña: Cúpula do Parque de Eirís.
- VIGO: Escultura do bañista (A Laxe/Estación marítima)
- LUGO: Praza de Augas Férreas
- OURENSE: xardíns da Biblioteca Rosalía de Castro (Campus As Lagoas)
- COMPOSTELA: Xardíns da Residencia Fonseca (Campus Sur. Pza. Rodríguez
Cadarso).
Escribe o teu comentario