Covid por concellos: as sete cidades alivian os seus casos activos, coa Coruña (-228) e Ourense (-128) á cabeza

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que as urbes galegas viven hoxe unha xornada de descenso xeneralizado. Apenas unhas leves subidas en Sanxenxo (+15), Nogueira de Ramuín (+14) ou Lalín (+13) embazan os algarismos.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que as urbes galegas viven hoxe unha xornada de descenso xeneralizado. Apenas unhas leves subidas en Sanxenxo (+15), Nogueira de Ramuín (+14) ou Lalín (+13) embazan os algarismos.


Con todo, o cambio metodolóxico da Xunta provocou un desfasamento entre os datos que a Xunta ofrece sobre a situación nos concellos cos datos do SERGAS no conxunto da comunidade. Así, ao aplicar o cambio de criterio -desde hoxe, a referencia básica serán os positivos detectados por calquera proba e non só por PCR como viña facendo-, vemos que aínda que o descenso é xeneralizado nas cifras municipais, esta baixada non coincide cos case 5.000 casos activos que suma hoxe Galicia. 


Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo a as súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. 



Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas e  canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos,  onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque envillas e urbes tamén empezan a saltar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, usando os niveis do anterior semáforo de alertas, non do vixente.


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,08; o que quere dicir que na última semana houbo un 8% máis de positivos que na penúltima. 


Con todo, hai que lembrar que esta razón de taxas non pode aplicarse á realidade dos concellos, cuxos datos se corresponden nestes momentos só coas probas PCR. Co novo criterio, o número de test PCR practicados descenderon mentres subiron o número de antígenos que a Xunta admite como resultado para coñecer se alguén está ou non contaxiado, sen necesidade de corroborar o resultado cunha PCR. É por isto que os mapas cos descensos que ofrecen os concellos seguen sendo válidos, pero correspóndense só cunha parte dos positivos, aqueles confirmados por PCR. Non ocorre o mesmo nas cifras por áreas.


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe cinco casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Sanxenxo +15
  • Nogueira de Ramuín +14
  • Lalín +13
  • Valdouro +12
  • Moaña +12
  • Sarria +11
  • A Guarda +9
  • A Illa de Arousa +9
  • Baralla +8
  • Amoeiro +8
  • Moraña +7
  • O Porriño +7
  • Betanzos +6
  • A Cañiza +6
  • A Estrada +6
  • Meaño +6
  • Ponteareas +6
  • Cerceda +5
  • Monterroso +5
  • Vilalba +5
  • As Neves +5


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe dez casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • A Coruña -228
  • Ourense -128
  • Lugo -79
  • Ferrol -60
  • Pontevedra -49
  • Narón -38
  • Vigo -34
  • Ames -32
  • Santiago de Compostela -27
  • Porto do Son -27
  • Mos -25
  • Vilagarcía de Arousa -25
  • Xinzo de Limia -23
  • Boiro -20
  • Carballo -20
  • Noia -20
  • Monforte de Lemos -20
  • Mugardos -18
  • Santa Comba -18
  • Verín -17
  • Cambre – 16
  • Negreira -14
  • Arteixo -13
  • Cee -13
  • Dodro -13
  • Oleiros -13
  • Padrón -13
  • Val do Dubra -13
  • Lancara -13
  • Muros -12
  • Chantada -11
  • Tomiño -11
  • Arzúa -10
  • A Pobra do Caramiñal -10
  • Cariño -10
  • Redondela -10



TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

En canto aos casos activos de Covid-19 seguen en aumento e alcanzan os 76.276, que supoñen 4.772 máis que a xornada anterior ao haber máis contagios (8.343) que altas (3.569), ao que se suman dous falecementos. O mércores pasado --5 de xaneiro-- había 56.456 infeccións activas.

De novo, a área de Vigo concentra o maior incremento de infeccións activas (+1.367), seguida da da Coruña e Cee (+1.002), Santiago e Barbanza (+728), Lugo (+625), Pontevedra e O Salnés (+442), Ourense (+440) e Ferrol (+168).

Así, con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 17.506; seguida da da Coruña e Cee, con 14.625; Santiago e Barbanza, con 13.343; Ourense, con 9.615; Pontevedra e O Salnés, con 8.632; Lugo, con 7.919; e á cola continúa a de Ferrol, con 4.636.


Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado martes 11 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días de Galicia aumenta a 3.042,09 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.042,11 de media en España.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do martes, increméntanse a 55 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --sete máis--, pero descenden a 453 as hospitalizadas noutras unidades --nove menos--, mentres que 75.768 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en tres das sete, en especial na de Vigo, que aínda que mantén 11 pacientes Covid en UCI, rexistra 81 noutras unidades --15 menos--; mentres que na de Santiago e Barbanza aumentan a seis o críticos --un máis--, pero descenden a 63 os hospitalizados noutras unidades --oito menos--.

No caso da Ourense, aínda que aumentan a oito os pacientes Covid en UCI --dúas máis--, baixan a 66 os ingresados noutras unidades --tres menos--. Pola súa banda, a de Ferrol rexistra catro en críticos --dous máis--, pero baixan a 27 os hospitalizados noutras unidades --dúas menos--.

Nas outras tres áreas sanitarias aumentan os hospitalizados, coa da Coruña e Cee á cabeza, xa que soben a 14 o críticos --un máis-- e a 99 os ingresados noutras unidades --11 máis--.

Pola súa banda, na área de Pontevedra e O Salnés mantéñense sete pacientes Covid en UCI, pero aumentan a 66 os ingresados noutras unidades --cinco máis--; mentres que na de Lugo increméntanse a cinco o críticos --un máis-- e a 51 os doutras unidades --tres máis--.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE