​Edu Iglesias segue avanzando na xeral e mantén vivas as súas aspiracións no Dakar

O lucense, xa recuperado das súas molestias, continúa a lombos da súa moto en Arabia Saudita ao finalizar a 8ª etapa.



|

O lucense, xa recuperado das súas molestias, continúa a lombos da súa moto en Arabia Saudita ao finalizar a 8ª etapa.


WhatsApp Image 2022 01 10 at 17.37.09


Edu Iglesias | Foto: cedida por Team Monforte Rally 


Contra vento e area, Edu Iglesias segue cabalgando a súa KTM no día máis longo do campionato en Arabia Saudita. O Dakar entra na súa zona crítica, a falta de só catro etapas para pechar o rally, e Iglesias pecha unha xornada moi positiva a pesar das dificultades.


No día “de máis quilómetros do Dakar” o lucense atopouse cun bo ritmo a pesar da esixencia dunha etapa “con zonas rápidas e navegación complicada”. Non foi ata os últimos quilómetros cando Iglesias atopouse con máis dificultades. “Fallei un par de veces e atraseime un pouquiño, pero contento co ritmo da primeira parte”, sinalou Iglesias ao finalizar a etapa, que lle permitiu seguir escalando postos.


A mellor noticia do día é que o de Monforte de Lemos parece deixar atrás as súas molestias físicas, tal e como avanzan desde a súa box. Terminou a etapa en 78 posición e atópase 86 na xeral. O vindeiro venres conclúe este Dakar, o terceiro de Iglesias, que mantén as súas opcións de mellorar a 53ª posición conquistada o ano pasado, aínda que está case 5 horas por detrás dese obxectivo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE