O test gratis non chegará a todos os nenos galegos de 5 a 11 pois algúns de Muface quedan fóra
Fontes dos colexios de farmacéuticos explican a Galiciapress que, en principio, os menores que figuren na cartilla de Muface dalgún dos seus pais e que teñan un seguro privado (Sanitas, Adelas, DKV, etc.) non poden acceder ao prometido hoxe pola Xunta
O Goberno indica que os test se repartirán usando a tarxeta sanitaria dos pais e hai moitos galegos que non teñen, por exemplo funcionarios que elixiron un seguro privado no canto de de o SERGAS.
Test de antígenos de saliva, como o que as farmarcias repartirán gratis a algúns nenos galegos
A Consellería de Sanidade ofrecerá nas farmacias adheridas ao programa un segundo test de antígenos gratis para os nenos de entre cinco e 11 anos, que estará dispoñible a partir do próximo venres, día 7 de xaneiro.
Así o avanzou este martes o titular de Sanidade, Julio García Comesaña, tras participar de forma telemática na reunión extraordinaria do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) celebrada xunto á Conferencia Sectorial de Educación e a Conferencia Xeral de Política Universitaria. Ao encontro tamén ha asistindo por videoconferencia o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.
FUNCIONAMENTO DO PROCSO
En comparecencia ante os medios, Comesaña destacou que a Xunta de Galicia segue coa procura activa de casos nun rango de idade sen pauta completa. Así, ofrecerá un segundo test gratuíto para os nenos de entre 5 e 11 anos, que poderá recollerse coa tarxeta sanitaria nas farmacias adheridas a esta iniciativa.
Segundo destacou o conselleiro, este segundo test estará dispoñible a partir do día 7 de xaneiro. En concreto, cargarase nas tarxetas sanitarias dos nenos e os pais e nais recibirán unha mensaxe de texto coas instrucións e os pasos para seguir no caso de que a proba lance un resultado positivo.
Escribe o teu comentario