A Garda Civil intervén unha 'escopeta rústica trampa rompepiernas' do século XIX antes da súa venda

Un operativo da Garda Civil saldouse coa incautación dunha arma, datada do século XIX, e que se ofertaba como 'escopeta rústica trampa rompepiernas' nun establecimeinto da Terra Chá dedicado á combraventa de bens usados e antigüidades.

|

Trátase de unha actuación detro a operación 'Pandora VI', destinada á loita contra o tráfico ilícito de bens culturais na Unión Europea.


Arma requistada na Terra CháArma incautada | Foto: EP


Un operativo da Garda Civil saldouse coa incautación dunha arma, datada do século XIX, e que se ofertaba como 'escopeta rústica trampa rompepiernas' nun establecimeinto da Terra Chá dedicado á combraventa de bens usados e antigüidades.

A actuación enmárcase na operación 'Pandora VI', destinada á loita contra o tráfico ilícito de bens culturais na Unión Europea.

Os axentes intervineiron preventivamente a arma que se atopaba á venda neste local, ao tratarse dunha peza que puidese ser susceptible de efectuar disparos.

Así, remitiuse ao departamento de balística do laboratorio de criminalística para a súa análise, avaliación e elaboración de informe pericial que acredite que poida tratarse dunha arma en funcionamento.

O informe cualifica o obxecto intervido como "arma artesanal en avanzado estado de oxidación" clasificándoo como arma curta da categoría 1, salvo acreditación de antigüidade anterior ao 1890, nese caso pasaría a ser de categoría 6.2.

Por iso, o propietario foi proposto para unha infracción tipificada na lei de seguridade cidadá.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE