14 brotes de covid en colexios de Galicia, con 19 positivos no colexio Sek-Atlántico de Poio

Os 14 centros que a Xunta cualifica de "casos destacados" son os seguintes:


CEIP Filomena Dato (Barbadás): 42 positivos, 2 aulas pechadas

CPR Plurilingüe Santa María (Ourense): 36 positivos. 4 aulas pechadas

CEIP Pai Feijoo (Allariz): 34 positivos, 3 aulas pechadas

CPR Plurilingüe Pais Franciscanos (Lugo): 31 positivos, 3 aulas pechadas

CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Ourense): 27 positivos. 1 aula pechada

CEP Altamira (Salceda de Caselas): 24 positivos, ningunha aula pechada

CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia): 22 positivos, 1 aula pechada

CPR Sek-Atlántico(Poio): 19 positivos, 1 aula pechada

CPR Plurilingüe Jaime Balmes (Noia): 18 positivos, 6 aulas pechadas

CEIP Wenceslao Fernández Flórez (Cambre): 17 positivos, ningunha aula pechada

CPI Antonio Faílde (Coles): 17 positivos, ningunha aula pechada

CPR Plurilingüe San Pío X (Ourense): 16 positivos, ningunha aula pechada

CPR Os Salgueiros (Mos): 16 positivos, 2 aulas pechadas

CPR Plurilingüe Compañía de María (Ferrol): 15 positivos, 1 aula pechada



|

O CPR Sek-Atlántico (Poio) é un dos "casos destacados" de coronavirus na actualización semanal de datos covid que acaba de enviar a Xunta aos medios. 


Sek Atlantico poio



Hai outros 14 centros con cifras altas de coronavirus no informe da Xunta, algúns dos cales xa aparecían no informe do pasado mércores. 


Por exemplo, xa se sabía que os alumnos do CEIP Filomena Dato do municipio de Barbadás están convocados estes días a un cribado ante o incremento de casos covid rexistrados na zona e no propio centro. O martes había 39 positivos entre menores e profesores. Hoxe son tres máis, 42, o que o converte no centro máis afectado en Ourense, a área sanitaria con peores datos, e Galicia. 


Case todos os centros de Ourense onde había noticia de focos empeoran os seus datos de casos activos. Por exemplo, San Pio X  que pasa de 10 a 16, os Maristas de Ourense (Santa María) pasan de 14 a 36 e os Salesianos de Ourense (María Auxiliadora) soben de 21 a 27.


O SEK Atlántico é un dos máis afectados entre aqueles de os que non había noticia dun foco. Tampouco había ata o de agora datos oficiais sobre un brote en, entre outros, Os Salgueiros de Mos, onde hai 16 casos de covid-19.


Os 14 centros que a Xunta cualifica de "casos destacados" son os seguintes:


  • CEIP Filomena Dato (Barbadás): 42 positivos, 2 aulas pechadas
  • CPR Plurilingüe Santa María (Ourense): 36 positivos. 4 aulas pechadas
  • CEIP Pai Feijoo (Allariz): 34 positivos, 3 aulas pechadas
  • CPR Plurilingüe Pais Franciscanos (Lugo): 31 positivos, 3 aulas pechadas
  • CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Ourense): 27 positivos. 1 aula pechada
  • CEP Altamira (Salceda de Caselas): 24 positivos, ningunha aula pechada
  • CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia): 22 positivos, 1 aula pechada
  • CPR Sek-Atlántico(Poio): 19 positivos, 1 aula pechada
  • CPR Plurilingüe Jaime Balmes (Noia): 18 positivos, 6 aulas pechadas
  • CEIP Wenceslao Fernández Flórez (Cambre): 17 positivos, ningunha aula pechada
  • CPI Antonio Faílde (Coles): 17 positivos, ningunha aula pechada
  • CPR Plurilingüe San Pío X (Ourense): 16 positivos, ningunha aula pechada
  • CPR Os Salgueiros (Mos): 16 positivos, 2 aulas pechadas
  • CPR Plurilingüe Compañía de María (Ferrol): 15 positivos, 1 aula pechada


Hai que lembrar que o Ministerio de Sanidade indica que hai un brote cando hai máis de dúas persoas positivas relacionadas. Con todo, na listaxe de "casos destacados" da Xunta o centro que menos positivos ten é 15, o Compañía de María (Ferrol)


OPACIDADE INFORMATIVA

Por tanto, a cifra de brotes escolares en Galicia é moi probablemente maior que 14. Cantos? Imposible informar, porque o SERGAS non facilita os datos detallados, que si ofrecía o curso pasado.


As cifras xa non chegan día a día e centro a centro, agora só semana a semana e só inclúen totais por áreas sanitarias, ademais do que a Xunta denomina "casos destacados", como se pode ver no informe oficial ao final desta noticia. Unha caída da transparencia informativa que xoga a favor da propagación do virus e que segue a pesar de que a situación de Galicia está a complicarse máis e máis, coa incidencia semanal xa en nivel de risco alto.


UN 217% MÁIS DE AULAS PECHADAS NUNHA SOA SEMANA

Son xa 100 as aulas pechadas en toda Galicia e 1.306 os casos activos. Na pasada actualización do anterior mércores, só había 658 casos activos e 46 aulas pechadas. Por tanto, os contagios nas aulas disparáronse. En casos activos, en máis do 50% nunha semana. En aulas pechadas, en máis de un 217%. 


Esta explosión de contagios é aínda máis grave que a forte subida entre a poboación en xeral de Galicia, o que era de esperar dado que os nenos menores de 12 anos non están vacinados. 


As boas noticias é que a vacina de Pfizer estará dispoñible para eles a partir do día 13 na Unión Europea, aínda que o Ministerio estima que como pronto se empezará a inxectar o 15 de decembro. O plan inicial da Xunta era empezar a vacinar durante as vacacións do Nadal.


OURENSE E VIGO SON Os DISTRITOS DO SERGAS CON MÁIS CASOS
Por áreas sanitarias, ademais de Ourense destaca a de Vigo que pasa de 165 a 325 casos activos e de 16 a 33 aulas pechadas, seguida da Coruña que pasa de 77 a 187 casos e 15 aulas afectadas, Lugo que pasa de 88 a 143 casos e 9 unidades clausuradas e Pontevedra, que ascende de 65 a 135 casos activos que obrigaron a clausurar nove unidades.

Pechan a táboa a área de Santiago-Barbanza, que se incrementa de 56 casos activos a 99 e 13 aulas pechadas, e a de Ferrol, que pasa de 30 a 47 contagios e unhas dúas unidades afectadas.

As escolas infantís de Galicia, pola súa banda, rexistran un aumento de casos activos desde os cinco de hai unha semana aos 21 actuais, ademais de seis aulas pechadas no últimos sete días.

A maioría dos positivos concéntranse na área de Vigo con 17 positivos e 4 unidades afectadas. A Escola Infantil Enredos de Tui permanece sen actividade con dúas aulas clausuradas.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE