A Xunta segue sen informar dun brote con 36 positivos no CEIP Filomena Dato de Barbadás catro días despois de coñecerse

Os alumnos do CEIP Filomena Dato do municipio de Barbadás están convocados estes días a un cribado ante o incremento de casos covid rexistrados na zona e no propio centro, que este luns rexistraba 29 positivos entre os estudantes e outros sete entre o equipo docente.




|

Xosé Carlos Varcárcel, alcalde do municipio, confirmou esta mañá o brote -non así a Xunta- con 36 afectados, para o que celebrarán un cribado entre os estudantes e no que ha animando aos pais para participar. 


O propio alcalde demanda "transparencia" ao Goberno galego, ao que sinalou o pasado sábado como impedimento para realizar o cribado con máis prontitude, para coñecer o verdadeiro alcance da pandemia nun municipio cunha incidencia de 922 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días; 758 a sete días .


Ceip filomena dato

CEIP Filomena Dato | Foto: Google Maps


Os alumnos do CEIP Filomena Dato do municipio de Barbadás están convocados estes días a un cribado ante o incremento de casos covid rexistrados na zona e no propio centro, que este luns rexistraba 29 positivos entre os estudantes e outros sete entre o equipo docente.


Así o confirmou en declaracións a Europa Press o rexedor municipal, Xosé Carlos Valcárcel, que chamou aos pais dos menores deste centro da Valenzá a participar no proceso, que será "en beneficio deles, da comunidade escolar e dos veciños".

Este cribado consistirá nunha proba covid de saliva, que os proxenitores deberán recoller nunha farmacia do municipio entre este martes e mércores. Para iso, deberán acudir e presentar a tarxeta sanitaria.

Tras efectuar a proba nos seus domicilios aos menores, os pais deberán depositala no mesmo establecemento entre os días 1 e 2 de decembro.


Valcárcel solicitou, ademais, "transparencia" á Xunta e especialmente á Consellería de Sanidade á hora de facilitar a información sobre os casos que afectan o municipio, co fin de poder axudar e atender aos veciños no caso de que sexa necesario.

"Se queren que as cousas saian ben, por favor, faciliten a información", insistiu o rexedor municipal, que de novo apelou á coordinación entre administracións e á comunicación para atallar a incidencia da pandemia.

O propio alcalde difundiu este domingo unha comunicación aos veciños do municipio para advertir da situación "sumamente preocupante" en relación á Covid-19 e a "auténtica explosión de casos" que está a afectar á zona, "sobre todo ao colectivo de nenos e nenas en idade escolar e adultos non vacinados".

Neste sentido, advertiu de que o contexto "cambiou radicalmente" respecto a hai meses, cando as persoas máis afectadas eran as de idade máis avanzada. "A pandemia vive unha nova fase que temos que vencer e superar canto antes", sinalou, para pedir unha actitude "solidaria e cívica" dos veciños e chamar á responsabilidade individual.


CASOS EN OURENSE

Segundo os datos do último parte facilitado pola Consellería de Educación, a área sanitaria de Ourense é a que conta con máis casos de Covid en traballadores e alumnos de centros educativos de Galicia. En concreto, o día 24 de novembro rexistrábanse polo menos 177 casos activos, 103 máis que a semana anterior, e unhas 12 aulas pechadas.


Nese mesmo balance recollíanse brotes como o de o CPR Plurilingüe María Auxiliadora de Ourense, entón con 21 contagios e unha clase inoperativa, ou o CEIP Pai Feijoo de Allariz (Ourense), con preto de 21 casos e unha aula pechada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE