Covid por concellos: Barbadás, cunha incidencia de case mil casos a catorce días, mantén o seu ascenso meteórico

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a cidade de Ourense e toda a súa área metropolitána son nestes momentos a zona crítica da pandemia en Galicia. Neste apartado destaca Barbadás, cunha incidencia a 14 días de 922 casos; 758 a sete días. Non queda atrás a cidade termal, con 458 casos por cada 100.000 habitantes na incidencia semanal; 741 a dúas semanas.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a cidade de Ourense e toda a súa área metropolitána son nestes momentos a zona crítica da pandemia en Galicia. Neste apartado destaca Barbadás, con pouco máis de 10.000 veciños e unha incidencia a 14 días de 922 casos; 758 a sete días. Non queda atrás a cidade termal, con 458 casos por cada 100.000 habitantes na incidencia semanal; 741 a dúas semanas. 


Con todo, hoxe é Vigo a que lidera as subidas, cunha variación de 28 casos máis en 24 horas. A Coruña, con 18 máis, e Pontevedra, con 17 máis, tamén ofrecen repuntes importantes. Con todo, só Ourense está no nivel de risco máis alto. A cidade herculina e a capital galega resisten no nivel de risco medio. 


A Cañiza, Piñor, Laza, Castrelo de Miño, Beade, Quiroga e Navia de Suarna, pasan de reportar 0 casos a ter "entre 1 e 9" segundo os datos da Xunta. Esgos, Alfoz, Cariño, Val do Dubra e Muros fan o camiño contrario: están con 0 casos activos.



Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,33;o que quere dicir que na última semana houbo un 33% máis de positivos que na penúltima. 


Razón de taxas nas sete cidades galegas:



  • Ferrol 1,33
  • Santiago de Compostela 1,30
  • Vigo 1,28
  • Pontevedra 1,27
  • Ourense 1,24
  • A Coruña 1,15
  • Lugo 1,09



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana  sobe hoxe  cinco casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Vigo +28
  • Ourense +22
  • A Coruña +18
  • Pontevedra +17
  • Barbadás +17
  • O Carballiño +12
  • Redondela +10
  • Marín +9
  • Moaña +9
  • Cambre +7
  • Oleiros +7
  • Vilagarcía de Arousa +7
  • Arteixo +6
  • Fene +6
  • Mos +6
  • Santiago de Compostela +5
  • Salceda de Caselas +5
  • Ferrol +2



Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana  baixa hoxe respecto a ese total onte: 


  • Lugo -13
  • Oza-Cesuras -5
  • Mazaricos -2
  • Teo -2
  • Padrenda -2
  • San Cibrao das Viñas -2
  • O Grove -2
  • Ames -1
  • Narón -1
  • Noia -1
  • O Barco de Valdeorras -1
  • Xinzo de Limia -1 


TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os casos activos seguen en aumento e sitúanse en 5.422 ao final de novembro, tras comezar este mes con 524, e supoñen 366 máis que a xornada anterior despois de rexistrar máis contagios (494) que altas (125) ao que se engaden tres falecementos. O martes anterior --día 23-- había 2.871 infeccións activas na Comunidade galega.

As infeccións activas aumentan de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+109), seguida pola de Vigo (+94), Pontevedra e O Salnés (+71), A Coruña e Cee (+44), Santiago e Barbanza (+18), Lugo (+15) e Ferrol (+15).

Deste xeito, con máis casos mantense a de Vigo, con 1.466; seguida da de Ourense, con 1.460; A Coruña e Cee, con 759; Pontevedra e O Salnés, con 527; Lugo, con 490; Santiago e Barbanza, con 444; e á cola continúa a de Ferrol, con 276.


Segundo os últimos datos actualizados na tarde deste pasado luns polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 187,21 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media de España ascende a 199,02.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Galicia chega ao final deste mes de novembro con 5.422 casos activos de Covid-19 tras arrincalo con 524, despois doutros 494 novos contagios --79 máis que a xornada pasada--, e con 155 pacientes hospitalizados por este coronavirus --15 máis que o luns--. Pola súa banda, a taxa de positividade aumenta lixeiramente a un 6,5 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, aumentan a 27 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --una máis-- e a 128 as hospitalizadas noutras unidades --14 máis--, mentres que 5.267 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en catro das sete: Vigo, Ourense, Lugo e Pontevedra e O Salnés; alíviase na da Coruña e Cee; e mantense nas de Santiago-Barbanza e Ferrol.

En concreto, na de Ourense seguen cinco pacientes Covid en UCI e aumentan a 45 os ingresados noutras unidades --oito máis--; e na de Vigo soben a nove os críticos --dous máis-- e a 29 os ingresados noutras unidades --tres máis--.

Na área de Pontevedra e O Salnés continúan dúas en UCI e aumentan a 16 os ingresados noutras unidades pola Covid --tres máis--; mentres que na de Lugo mantense un en críticos e soben a catro os doutras unidades --uno máis--.

Pola súa banda, na da Coruña e Cee seguen cinco pacientes Covid en UCI e descenden a 16 os hospitalizados noutras unidades --dúas menos--; mentres que na de Ferrol aínda que queda un en críticos --un menos--, aumentan a 11 os ingresados en planta --uno máis--.

E a área de Santiago e Barbanza mantense sen cambios, con catro pacientes Covid en UCI e sete hospitalizados noutras unidades. 


L


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE