"Unha auténtica explosión" de covid en Barbadás, con moitos contagios en nenos

O alcalde advirte: "Parece que a pandemia cabalga a lombos dun cabalo desbocado"

|

Arquivo - Unha farmacéutica da Farmacia Portal Martínez Soto toma unha mostra de sangue para realizar un test de cribado do coronavirus en Barbadás, Ourense, Galicia (España), ao 19 de outubro de 2020. As farmacias ourensás que colaboran coa Conse

O alcalde advirte: "Parece que a pandemia cabalga a lombos dun cabalo desbocado"

O alcalde de Barbadás (Ourense), José Carlos Valcárcel, emitiu este domingo unha mensaxe aos seus veciños para alertar da "auténtica explosión" da pandemia da covid-19 no municipio, que contabiliza 75 casos activos. "Afortunadamente a gran maoiría son leves ou asintomáticos, pero por iso non menos importantes", asegura.

A través deste comunicado, alerta de que o concello vive "unha situación crítica" con respecto á crise sanitaria. Segundo datos da web que emprega a Consellería de Sanidade para informar sobre a pandemia, no últimos sete días detectáronse en Barbadás 57 infeccións por coronavirus.

De feito, segundo sinala o alcalde, este aumento dos contagios "está a afectar sobre todo ao colectivo de nenos e nenas en idade escolar e a adultos non vacinados". "Parece que a pandemia cabalga a lombos dun cabalo desbocado", engadiu.

Por iso, Valcárcel pide aos veciños unha "actitude solidaria e cívica" que pasa "por pensar nas demais persoas", á vez que apunta á vacina como "maneira para vencer definitivamente" ao virus.

Así, o alcalde de Barbadás diríxese a aquelas persoas que rexeitaron inmunizarse contra a covid-19 para que acudan aos centros de vacinación habilitados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas): "Estamos a falar da saúde de todos e de todas".

Ademais, Valcárcel considera "fundamental" que, cando se inicie a administración das doses aos nenos, haxa "unha participación masiva" para que esta situación non se repita.

O rexedor tamén aproveita para destacar o "esencial" traballo do persoal sanitario do centro de saúde, ao que traslada o seu agradecemento "polo seu gran esforzo, disposición e colaboración".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE