Desaparece a campá da ferrolá igrexa parroquial de San Pedro de Leixa

|

O cura da parroquia denunciou o roubo da campá, ocorrido durante a noite do venres.


A bja altura da igrexa e o reducido tamaño da campá, claves para o roubo do obxecto. 


Campá

Unha campá | Foto: EP


A igrexa parroquial de San Pedro de Leixa, no municipio de Ferrol, amenceu este sábado, 27 de novembro, sen a súa campá.


Trátase dunha peza de fundición dun tamaño reducido, en comparación coas doutras igrexas da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, o que, precisamente, facilitou aos ladróns poder levar este elemento.

Tamén a baixa altura da igrexa propiciou o labor dos cacos nun edificio relixioso que está nunha zona achegada, xa que se atopa situado ao bordo da estrada CP-5401, o vial que une Río Seco, en Narón, coa área onde se asintan os hospitais Arquitecto Marcide e Naval.


O párroco xa presentou este sábado a pertinente denuncia na comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE