O Resurrection Fest confirma o seu cartel de 2022 para a edición máis grande do festival de Viveiro

A organización do Resurrection Fest deu a coñecer o cartel definitivo da próxima edición deste festival, que se celebrará o próximo ano no municipio de Viveiro, e confirmou novas incorporacións á programación, entre elas a dos estadounidentes 


|

Tras dous anos de ausencia forzada pola crise do coronavirus, o Resurrectión Fest, un dos festivais referencia de heavy metal e punk a nivel mundial, regresa este verán en Viveiro.


A edición de regreso ten a Mastodon como un dos seus principais atractivos, ademais de Avenged Sevenfold, Korn ou Judas Priest.


Cartel definitivo do Resurrection Fest 2022



A organización do Resurrection Fest deu a coñecer o cartel definitivo da próxima edición deste festival, que se celebrará o próximo ano no municipio de Viveiro, e confirmou novas incorporacións á programación, entre elas a dos estadounidentes Mastodon.

O conxunto de Atlanta foi unha das principais peticións dos seguidores do festival nos últimos anos, segundo traslada a organización nun comunicado, coa publicación este ano do seu último álbum 'Hushed and Grim'. Ao cartel tamén se unirán tres bandas máis: The Raven Age, Ciclonautas e Bourbon Kings.

Doutra banda, anunciaron que este venres ás 12,00 poñeranse á venda as entradas para cada un dos cinco días do festival, a un prezo de 79 euros máis gastos, mintas que as da festa de presentación estarán a 39 euros máis gastos.

O Resurrection Fest de 2022 celebrarase entre o 29 de xuño e o 3 de xullo do próximo ano. Avenged Sevenfold (data única en España e unha das poucas actuacións en Europa o ano que vén), Korn (único festival en España), Judas Priest - 50 years (celebrando os seus 50 anos como un dos referentes do heavy metal), Deftones e Sabaton (coa maior produción que tiveron nunca en España) serán os encargados de encabezar cada un dos cinco días de festival.

A estas bandas súmanse Bring Me The Horizon cunha gran produción, Rise Against (único festival en España), Bullet For My Valentine e Opeth. Heaven Shall Burn, Sepultura, Jinjer, Rise of the Northstar, Spiritbox, Caliban, Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home, e Deadly Apples mantéñense no escenario principal, mentres e recupérase a Crossfaith e engádese a Alien Weaponry, entre outras moitas propostas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE