Récord de positivos na 6ªonda de covid en Galicia pero o ritmo de subida de casos de xa non acelera


A velocidade de subida de casos activos leva sen acelerar de maneira significativa no últimos catro días. Un dato que reafirma as esperanzas de que o pico da onda non estea lonxe.


|


Os 373 novos positivos por PCR comunicados hoxe son o máximo desta sexta onda. O salto de casos activos, case 300 máis, tamén é o récord na presente crise.


Con todo, a velocidade de subida de casos activos leva sen acelerar de maneira significativa no últimos catro días. Un dato que reafirma as esperanzas de que o pico da onda non estea lonxe.


REuBn porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia  (9)




O empeoramento é xeral en toda Galicia, pero Vigo está a sufrir unha explosión particularmente forte nos últimos días, xusto cando acaba de inaugurar as súas famosas luces de Nadal. O SERGAS reacciona lanzando un cribado masivo.






incidencia acumulada semanal  sobe de 68 a 76.  De acordo a o novo semáforo covid aprobado onte polo Ministerio, este índice está en nivel de risco medio. É o mesmo nivel que tiña co anterior semáforo. A diferenza é que a posibilidade de subir a risco alto queda máis afastada, pois a nova fronteira é de 150 e en a versión anterior do semáforo estaba en 75.





incidencia acumulada a 14 días tamén crece. De feito, dá un salto enorme, de case 10 puntos, ata 105.  Continuamos en risco medio, do mesmo xeito que no anterior semáforo, pero a marxe para subir a risco alto é moitísimo máis laxo, pois a fronteira ascende de  150 a 300.


O dobre da incidencia a 7 días ( 152 ) é moito maior que a incidencia a 14 días (  105).Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,45, por tanto na última semana houbo un 45% de positivos más que na penúltima. Fai xa case unha semana que a velocidade de ascenso é vertixinosa, movéndose en incrementos semanais de entre o 42% e o 46%.





A taxa de positividade onte foi de o  4,21 %, a segunda peor cifra nesta onda. A media semanal pasa por vez primeira o 4%, que no anterior semáforo implicaba o nivel de nova normalidade e no novo de circulación controlada. Agora Galicia pasa a risco baixo neste indicador.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 10,3%. Sendo como é unha porcentaxe altísima, axuda a que a media semanal complete outro pasito na boa dirección, caendo   de 11,2 % a 10,8 %. 





Isto é unha noticia extraordinariamente boa. Este índice sempre foi o primeiro en reflectir cambios de tendencia. Fai catro días que non sobe, cando chegou a 11,4%. 


Que significa isto? Pois que a pandemia segue crecendo, pero que a súa velocidade xa non aumenta, de feito freou un pouco nos últimos días. A freada é pequena, pero perceptible e, se nos atemos aos precedentes de ondas anteriores, é o primeiro sinal claro de que o pico da sexta onda está próximo. Debería estalo, en todo caso, dado que levamos máis dun mes de alza. Iso si, a ausencia de restricións, presentes en pasadas ondas, pode facer que esta onda compórtese de maneira diferente. É por iso que non hai certeza de que o pico estea próximo, como indican a curva da derivada de casos activos. 


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +297, o peor nesta crise . O total é de  casos activos é de 3.168 . 


DATOS POR ÁREAS

Vigo (119) e  Ourense (102) son outra vez os distritos que máis positivos comunican hoxe. É a primeira vez nesta onda que dous distritos suman máis de cen casos. Vigo acaba de inaugurar as luces de Nadal e Ourense acaba de celebrar os seus magostos.




 


Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia segue gañando terreo en Galicia a un ritmo elevadísimo. Está provoncado que cada día que pase haxa un 10% de positivos máis, se analizamos os datos desde unha perspectiva semanal, que é a máis adecuada.
  • Hai uns días o ritmo de crecemento chegou a ser do 11,4%. A diferenza é mínima, pero existe certo freo ao crecemento desde fai catro días. É un sinal estatístico de que o pico da sexta onda non debe estar lonxe. Isto non se pode afirmar con certeza, debido a que a ausencia de restricións introduce na serie estatística un factor de incerteza  novo.
  • O vínculo entre grandes festexos e explosión de casos de coronavirus é claro. Ourense celebrou os seus magostos sen restricións e estalaron os casos alí. O mesmo está a pasar en Vigo pouco despois da inaguración das luces do Nadal. É razoable financiar grandes eventos en pleno ascenso da sexta onda? 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE