​O Obra aproveita o Black Friday para entoar o Miudiño a baixo prezo

O club santiagués ofrece descontos do 25% nas súas entradas para os choques que quedan ata final de tempada.Afeccionados no Fontes do Sar antes da pandemia  Se o Multiusos Fontes do Sar non se enche ata a bandeira non será porque desde a dirección non o tentaron.


|

O club santiagués ofrece descontos do 25% nas súas entradas para os choques que quedan ata final de tempada.


.

Obradoiro salvacion miudiño

Afeccionados no Fontes do Sar antes da pandemia 



Se o Multiusos Fontes do Sar non se enche ata a bandeira non será porque desde a dirección non o tentaron . Con motivo das ofertas do Black Friday, o Obradoiro a posto á venda as entradas para todos os partidos que quedan ata final de curso con descontos especiais.



A oferta, só dispoñible para esta semana, deixa as entradas un 25% máis baratas. Quedan dez partidos en casa e aínda teñen que vir equipos como Real Madrid, o 8 de maio, Baskonia, o 13 de marzo, ou Breogán, en xaneiro, o que supoñerá o regreso do derbi galego á capital.



Con esta promoción, o Obra busca animar á súa inchada a repoboar as bancadas do Multiusos, baleiras case todo o ano pasado polo coronavirus e que aos poucos foron gañando cor, a pesar de que a emerxencia sanitaria aínda deixa cifras bastante negativas e as restricións poderían afectar o ámbito do deporte, como a posibilidade de que o certificado covid esténdase aos recintos deportivos.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE