Covid por concellos: Santiago reconquista a nova normalidade; A Coruña sobe a nivel baixo e gran salto en Ourense

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que os datos de Ourense e A Coruña repuntan de forma significativa, especialmente na cidade termal. Os contagios parecen rebrotar en moitos municipios, pero a situación normalízase na capital galega e en Pontevedra.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que os datos de Ourense e A Coruña repuntan de forma significativa, especialmente na cidade termal. Os contagios parecen rebrotar en moitos municipios e provocan unha alza a nivel galego que non se vía desde xullo, pero a situación normalízase na capital galega e en Pontevedra.


Tras varias semanas, atopamos a un municipio, Abadín, no nivel de alerta máis alto -negro no mapa-, aínda que só conta con "entre 1 e 9" casos. Corcubión, Paderne de Allariz e Lobeira no nivel de risco extremo; Toques, Caldas de Reis e Barbadás en nivel alto. 


Tomiño, Lobeira, Castro Caldelas, A Pastoriza, Cariño, Vimianzo e Culleredo pasan de reportar 0 casos a ter "entre 1 e 9" segundo os datos da Xunta. Neda, Negreira, Muxia, Laracha e Noia fan o camiño contrario: están con 0 casos activos.


Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,14; o que quere dicir que na última semana houbo un 14% máis de positivos que na penúltima. 


Hoxe non hai municipios con máis de dez positivos á semana nos que os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1. Con todo, si atopamos a Vigo cun 1 na razón de taxas, o que significa que o seu crecemento nestes momentos é plano.  


En cambio, si hai municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 





VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte: 



  • Ourense +7
  • A Coruña +6
  • Ferol +2
  • Barbadás +1



Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte: 



  • Vigo -1


Cabe destacar que Santiago de Comostela, Caldas de Reis e Pontevedra, que onte lanzaban 12, 11 e 10 casos respectivamente, atópanse agora en "entre 1 e 9". 



TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os casos activos de Covid aumentan por cuarta xornada consecutiva no conxunto de Galicia e sitúanse en 473, que supoñen 23 máis, ao haber máis contagios (59) que altas (35), ao que se suma unha nova vítima mortal.

As infeccións activas aumentan en seis das sete áreas sanitarias galegas: Ourense (+10), A Coruña e Cee (+8), Pontevedra e O Salnés (+7), Lugo (+6), Ferrol (+3) e Vigo (+2), mentres que se reducen na de Santiago e Barbanza (-13).

Así, a área da Coruña e Cee mantense como a única que supera o centenar de casos, con 142; seguida da de Vigo, con 76; Santiago e Barbanza, con 61; Ourense, con 61; Pontevedra e O Salnés, con 60; Lugo, con 41; e Ferrol continúa á cola, con 32.

Segundo os datos actualizados na tarde deste pasado martes polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada de Galicia a 14 días aumenta lixeiramente a 14,95 casos por 100.000 habitantes.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Galicia chega ao ecuador desta semana cun repunte de novos contagios de Covid-19 a 59, o que supón 16 máis que o día anterior, e unha nova subida dos casos activos, que se sitúan en 473 --implica 23 máis--, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 24 --un máis--. Polo seu lado, a taxa de positividade descende a un 1,69 por cento.

Segundo os datos publicados este mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, baixan a cinco as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 --unha menos-- e ascenden a 19 as que se atopan noutras unidades convencionais --dúas máis--; mentres que 449 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente nas de Vigo e Lugo e alíviase na da Coruña e Cee, mentres que se mantén sen cambios nas de Ourense, Pontevedra e O Salnés, Ferrol e Santiago e Barbanza.

En concreto, na área da Coruña e Cee seguen dous pacientes Covid en UCI e descenden a catro os ingresados noutras unidades --uno menos--; mentres que a de Vigo mantense sen críticos e rexistra seis hospitalizados en planta --uno máis--.

Polo seu lado, a área sanitaria de Lugo conta con dous pacientes Covid en UCI --uno menos-- e con dúas noutras unidades, cando a xornada anterior non tiña ningún ingresado en planta por este coronavirus.

As outras catro áreas mantéñense sen cambios. Deste xeito, a de Ourense continúa sen pacientes Covid en UCI e rexistra dous ingresados en planta; a de Ferrol tampouco ten críticos e conta cun noutra unidade; así como a de Santiago, que segue sen pacientes en UCI e mantén catro noutras unidades.

En canto ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, mantén un paciente ingresado pola Covid-19 en UCI e segue sen hospitalizados noutras unidades. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE