Soa Bonaval esta fin de semana no Museo do Pobo Galego con Raül Refree como cabeza de cartel

Tralo-Valo, Lorena Álvarez, Libredón, Pena e EXVBA completan o cartel

|

 

Refree



O Museo do Pobo Galego acollerá entre este venres e domingo a primeira edición de Soa Bonaval, un novo festival con concertos, charlas e itinerarios sonoros polas salas das súas instalacións.


Así, as actuacións correrán a cargo de: Raül Refree, Tralo-Valo, Lorena Álvarez, Libredón, Pena e EXVBA --con Xavi Font e Elba Fernández, gañadores do Mestre Mateo 2020 á mellor música orixinal por 'Hierro'--.

Ademais, a través do 'Son[Em]peza', o venres --ás 18,00 horas-- e o sábado --ás 11,30 e ás 16,30 horas--, celebraranse diferentes itinerarios sonoros polas salas do museo, nos que se facilitará que os visitantes se mergullen na colección e nos arquivos do centro museístico mediante o son como elemento condutor.

Este evento, organizado polo Museo do Pobo Galego e que conta coa colaboración da Xunta, foi presentado este martes en Santiago.

O director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar, destacou que esta proposta céntrase na música de raíz, local e as culturas propias. "Un museo ten que ser un centro de activación cultural", valora.

"É unha nova proposta cultural que se suma ás máis de 2.500 iniciativas que apoiamos este outono para impulsar aos creadores galegos e animar a participar da reactivación da cultura despois duns meses complicados", destacou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

ACTUACIÓNS
A Igrexa de Bonaval estreará este venres ás 20,00 horas a proposta EXVBA, un proxecto para compartir unha efémera experiencia co público, exclusivamente en espazos eclesiásticos e unindo o mundo da polifonía do século XVI e do XXI.

O sábado 23 será a quenda da compositora, produtora, intérprete e pintora Lorena Álvarez. Irrompeu na escena musical reivindicando as posibilidades da música folclórica e situando a música tradicional nun novo contexto no que a contemporaneidade e a tradición van da man. Actuará na Igrexa de San Domingos de Bonaval ás 13,00 horas.

Tamén o sábado, pero ás 20,00 horas, será a quenda de Pena. Despois de publicar 'Fórmula' volven agora co seu primeiro traballo de estudo titulado Carreiro'.

O domingo 24 ás 12,00 horas será a quenda de Raül Refree, un dos produtores españois máis aclamados da última década. Da man de Luneda Producións, traballa coa música tradicional galega. Este verán realizou dúas residencias artísticas nas que visitou distintos arquivos sonoros, entre eles o APOI-Museo do Pobo Galego, e mantivo encontros con artistas de música de raíz galega.

Ás 13,00 horas, actuará Tralo-Valo, o dúo de Carme da Pontragha e o 'zanfoñeiro' Ariel Ninas, cun repertorio baseado na tradición oral galega. En leste concerto interpretarán temas recolleitos polo antropólogo danés Gustav Henningsen en Galicia nos anos 60.

Ás 18,00 horas do domingo, será a quenda de Libredón. Desfragmentando e recompoñendo pezas clásicas cunha linguaxe analóxica-dixital, o santiagués Denís Estévez expresa sensacións afíns a cada espazo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE