Poxa de madeira de Ourense por case un millón de euros en plena subida dos prezos

A Consellería do Medio Rural saca a poxa 52 lotes de madeira na provincia de Ourense por un importe de 1,38 millóns de euros, nunha convocatoria publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG).

|

O valor da madeira multiplicouse nos últimos meses impulsado polo aumento da construción e os problemas de subministración provocados polo covid.


Madeira de piñeiro nunha foto de arquivo /ep

Madeira de piñeiro nunha foto de arquivo /ep 


A Consellería do Medio Rural saca a poxa 52 lotes de madeira na provincia de Ourense por un importe de 1,38 millóns de euros, nunha convocatoria publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Esta poxa pública electrónica celebrarase o 8 de decembro na xefatura territorial da Consellería do Medio Rural en Ourense.


A práctica totalidade dos lotes pertencen a comunidades de montes veciñais con convenios ou consorcios de xestión coa Consellería. Entre os lotes suman máis de 73.000 metros cúbicos de madeira de piñeiro do país e de piñeiro silvestre, xunto con cantidades menores doutras especies.

NORMAS DA POXA
En detalle, 24 dos 52 lotes contan con certificación forestal sostible PEFC e 13 con dobre certificación PEFC e FSC, os dous sistemas de certificación máis implantados a nivel mundial.

Ademais, as empresas que opten aos lotes certificados deben dispoñer tamén dun certificado de cadea de custodia, que permite garantir a trazabilidade da madeira.

Os licitadores deberán realizarán todos os trámites de maneira telemática, desde a consulta dos lotes dispoñibles ata a poxa final. Así mesmo, tanto as empresas participantes na poxa como todo aquel que o desexe poderá seguir o proceso a través dunha sala virtual creada para o efecto.

Ademais, os licitadores poden presentar directamente as súas ofertas económicas na sede electrónica da Xunta de Galicia. Toda a información relacionada coas poxas de madeira pode consultarse na seguinte dirección web: https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/forestal/poxas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE