Denuncian actividade mineira "ilegal" na parroquia de Goá, en Cospeito (Lugo)

A comisión contra as minas da Terra Chá denuncia actividade mineira "ilegal" na parroquia de Goá, en Cospeito (Lugo), "desde hai uns días".

|

Denuncian actividade mineira ilegal en Cospeito

A comisión contra as minas da Terra Chá denuncia actividade mineira "ilegal" na parroquia de Goá, en Cospeito (Lugo), "desde hai uns días".

Este colectivo asegura que lle informaron de que Erimsa está a ofrecer contratos de arrendamento a veciños da zona de Ou Arneiro, na mesma parroquia.

Esta empresa, engade, "tenta desde 2006 conseguir autorización para explotacións mineiras na zona", solicitudes que acumulan xa, segundo o colectivo, "varias sentenzas desestimatorias dos permisos".

Pola súa banda, a Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non pregúntase se pretende a empresa Cobre San Rafael chegar ao xulgado co seu proxecto.

Despois dunha declaración de impacto ambiental e unha resolución negativa, sinala, "a mina de Touro tenta coar o seu proxecto inviable pola vía do recurso".

Critica neste sentido que trata de "enmascarar a súa incompetencia con refritos de informes e accións da mal denominada responsabilidade social corporativa" e "apostando polo litixio coa veciñanza".

EÓLICA E LUZ
Por outra banda, a Alianza Libre Europea, integrada por 47 partidos políticos europeos entre os que se atopa o BNG, apoiou por unanimidade as mocións presentadas polo Bloque que denuncian o "espolio" que os parques eólicos supoñen para Galicia, e "o abusivo prezo da luz para os galegos".

Ana Miranda e Rubén Cela representan ao Bloque nesta asemblea xeral, correspondente ao 40 aniversario da Alianza Libre Europea e que se celebra en Bruxelas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE