Canto cobra o teu alcalde? Entre 72.000 euros e nada. Búscao nesta base de datos

|

Galiciapress ordena os soldos de case todos os alcaldes de Galicia cos datos que acaba de publicar Facenda. 


De case todos porque hai 39 que pasaron de enviar datos, a pesar do que marca a Lei. Os que non dan datos proceden sobre todo de municipios pequenos e rurais, aínda que tamén os hai de periferias urbanas, como Marín ou Teo.



Caballero de Vigo, Lores de Pontevedra e Ju00e1come de Ourense son os alcaldes galegos que mu00e1s cobran

Caballero de Vigo, Lores de Pontevedra e Jácome de Ourense son os que máis cobran





O Ministerio de Facenda fixo públicos os soldos dos rexedores galegos en 2020, un ano no que os alcaldes de Pontevedra e Vigo, Miguel Anxo Fernández Lores (72.566 euros) e Abel Caballero (70.775 euros), perciben as maiores cantidades. Pola súa banda, unha ducia de rexedores de pequenos municipios non cobran polo seu posto, mentres hai 39 concellos que non ofrecen datos.


DATOS DE CIDADES
Entre as sete cidades, tras Pontevedra e Vigo, a orde de maior a menor é: Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (69.926 euros); A Coruña, Inés Rey (69.218 euros); Lugo, Lara Méndez (68.361 euros); Santiago, Xosé Sánchez Bugallo (52.020 euros); e Ferrol, Ángel Mato (40.000 euros).

Máis aló das sete cidades, hai 11 alcaldes que perciben máis de 50.000 euros, é dicir, todos cobran máis que o rexedor de Ferrol e algúns máis que o da capital de Galicia. Aquí atópanse: A Estrada, José López Campos (58.372 euros); Ribeira, Manuel Ruiz Rivas (56.733 euros); Culleredo, José Ramón Riobóo (56.178 euros); Arteixo, José Carlos Calvelo (56.100 euros); Narón, Marian Ferreiro (55.155 euros); Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán (54.127 euros); Lalín, José Crespo (53.521 euros); Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo (50.694 euros); Betanzos, María Barral (50.370 euros); O Grove, José Cacabelos (50.095 euros).

Aquí tamén aparece o municipio de Ames, onde estaba en 2020 como rexedor José Miñones (54.060 euros), antes de pasar a ser delegado do Goberno en 2021, substituído no bastón de mando municipal por Blas García.


DEPUTACIÓNS
Mentres, os salarios dos presidentes das deputacións galegas son os seguintes: Pontevedra, Carmela Silva (77.696 euros); A Coruña, Valentín González Formoso (72.954 euros); Ourense, José Manuel Baltar (72.325 euros); e Lugo, José Tomei (68.914 euros), quen tamén percibe 7.700 euros polo seu posto de alcalde, segundo datos de Facenda.

UNHA DUCIA SEN SOLDO
Ademais, hai unha ducia de alcaldes en Galicia de pequenos concellos que non perciben soldo polo seu cargo municipal --todos sen dedicación exclusiva--.

En concreto, trátase dos rexedores de A Capela, Pontedeume, Alfoz, Guntín, Mondariz-Balneario, O Barco, Carballeda de Avia, Maside, A Mezquita, Pontedeva, Ramirás e Xunqueira de Ambía. A eles súmase o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, que percibe cero euros polo seu cargo como alcalde, aínda que conta cun soldo de 72.954 euros como presidente da Deputación da Coruña.

A cifra de alcaldes sen dedicación exclusiva é de 69 en toda Galicia. Con todo, aquí hai diferenzas, desde a citada ducia que non cobra, pasando polos 40 euros que recibe o de Ramirás ata os 27.719 euros que cobra o alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo.

Por provincias, a repartición de alcaldes sen dedicación exclusiva é: Ourense (31), A Coruña (18), Lugo (15) e Pontevedra (5).

CASE 40 NON OFRECEN DATOS
Paralelamente, a información do Ministerio de Facenda, que recolle Europa Press, indica que hai 39 municipios galegos que non facilitaron información sobre as cantidades percibidas polos membros da corporación municipal en 2020.

A listaxe de municipios que non ofrece información é o seguinte: Marín, Teo, Nigrán, Cambados, Sarria, Salvaterra de Miño, Xinzo, Oroso, Cerdedo-Cotobade, Vila de Cruces, Ribadumia, A Illa de Arousa, Fisterra, A Rúa, Friol, Rodeiro, Agolada, Frades, Sober, A Pobra de Trives, A Merca, Vilardevós, Paradela, Lobios, Riós, O Irixo, Portomarín, Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga, Laza, Cerdido, Ourol, Petín, Manzaneda, Porqueira, Lobeira, Triacastela, Parada de Sil e Larouco.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE