Sumar a alguén a un grupo de Whatsapp sen o seu permiso provoca unha multa de 4.000 euros

A Axencia de Protección de Datos sanciona a un ximnasio por incorporar a un antiga usuario, que levaba dez anos de baixa, pero da que aínda conservaba os datos.


|

A Axencia de Protección de Datos sanciona a un ximnasio por incorporar a un antiga usuario, que levaba dez anos de baixa, pero da que aínda conservaba os datos. 


WhatsApp foto microsiervos publicada baixo licencia CC BY 20

WhatsApp foto microsiervos publicada baixo licencia CC BY 20 


A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) impuxo unha multa de 4.000 euros ao Club Deportivo Sansueña, de Córdoba, por incluír a unha persoa dentro dun grupo de Whatsapp sen o seu permiso. 


A usuaria afectada foi incluída nun grupo de Whatsapp do ximnasio andaluz cando facía máis de 10 anos que non tiñan relación. Ao entender que estaban a violar a lei de protección de datos, foi á policía para interpoñer unha denuncia, e gañouna. 


A AEPD admitiu a demanda en maio e esta semana decidiu multar á identidade con catro sanciones de 1.000 euros cada unha, por violar catro artigos da lei de protección de datos: expoñer un teléfono móbil nun grupo sen o seu consentimento; conservar os datos máis de 10 anos cando non era clienta;  vulnerar a confidencialidade e a seguridade dos datos persoais do denunciante; e por non aplicar medidas adecuadas para a súa protección. 


Esta resolución baséase no Regulamento Xeral de Protección de Datos e o Regulamento Europeo. As infraccións que cometeu o club deportivo son graves ou moi graves, e poderían chegar aos 20 millóns de euros de multa. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE