Os positivos covid entran nunha nova fase de planicie que por agora nos permite aguantar en nova normalidade

A razón de taxas resultante é de  0,92 , o que significa que na última semana houbo un   8% menos de positivos que na penúltima. Unha caída do 8% semanal é algo peor que a velocidade de onte (10%) pero está na liña da última semana.


|


Os 31 novos positivos por PCR comunicados hoxe confirman que Galicia entra nunha nova fase que, por agora, parece de planicie. Todos os índices a penas móvense máis aló de subidas ou baixadas case insignificantes. 


Os casos activos volven caer tras o rebote de onte, pero a caída é a máis pequena desde o pico da quinta onda.





incidencia acumulada semanal mantense en 6,57 positivos por 100.000 habitantes por segundo día consecutivo. Seguimos en nova normalidade segundo a escala deste indicador no semáforo oficial de alertas.





incidencia acumulada a 14 días descende hoxe tras a subida de onte, pero o cambio é ínfimo, pasamos de 14,5 a 14,2. Tamén seguimos en nova normalidade neste índice.


O dobre da incidencia semanal (13,14) é menor que a incidencia bisemanal (14,2 ). A razón de taxas resultante é de  0,92 , o que significa que na última semana houbo un   8% menos de positivos que na penúltima


Unha caída do 8% semanal é algo peor que a velocidade de onte (10%) pero está na liña da última semana. O descenso de contagios continúa desde unha perspectiva semanal, aínda que sexa case imperceptible, algo que en todo caso xa é un logro teniendo en cuenta o reducido das cifras.


A taxa de positividade onte foi do 1,08% e axúdanos a mantervos  en nova normalidade porque a media semanal segue por baixo de 4%.  O problema é que esa media semanal ha crecido en catro do últimos cinco días. O seu valor, iso si, segue sendo moi modesto, 1,35


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -2,5%. A media semanal dá un paso na mala dirección e sobe de -4,7 % a -4,2%.



Dese -4,2% podemos facer unha lectura ambivalente. Por unha banda, é bo -mesmo excepcionalmente bo- que sigamos reducindo tanto os casos activos cando quedan xa menos de 500. Doutra banda é preocupante que a velocidade de redución free notablemente. Empezamos outubro cunha caída superior ao -7%.


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso de - 13 , o máis modesto desde o pico da quinta onda. O total é de   495 casos activos. É a menor cantidade de infectados desde o 5 de agosto de 2020. 


DATOS POR ÁREAS

 A Coruña (9) e  Pontevedra (6) son os distritos que máis positivos comunican hoxe.  Lugo marca un fito ao non sumar nin un diagnóstico en todo o día, algo nunca visto este ano. Outra boa noticia é que por vez primeira en 2021 hai menos de 10 enfermos críticos. 





Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress.  



CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia está  nuns niveis excelentes que acaban de servir ao presidente da Xunta para confirmar que Galicia desactivará a alerta sanitaria a próxima semana.
  • Esta decisión entraña certo risco vista a evolución recente. A melloría desapareceu e estamos a entrar nunha nova fase. Por agora, parece que é unha fase de planicie, con leves alzas cando se detecta un brote en determinada residencia ou colexio. O problema é que eses brotes empezan a non ser inusuais e seguen tendo consecuencias luctuosas. Por exemplo, o falecemento dunha anciá da residencia Sanitas da Coruña onte.
  • A aparición de brotes non é algo que se poida enfocar como un problema illado. O virus sempre entra nos colexios ou nas residencias desde fóra. Se cada vez saltan máis residencias con brotes é porque cada vez hai máis virus fóra.  Esta semana, por certo, aumentaron os casos activos en residencias.

    ElFN1  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b  (3)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE