Os lobos achéganse ás casas e matan a cans, denuncia o alcalde de Mañón

Moitos dos afectados aseguran que a mortes de tenreiros, vacas, ovellas e cabalos xa son a diario

|

Todos os días algún gandeiro da comarca de Ortegal perde animais ás fauces do cánido, din os afectados. Este outono a caza xa está prohibida.


Arquivo - Gañado atacado por lobos



Os gandeiros da comarcal de Ortegal, limítrofe coa de Ferrolterra e A Mariña, están preocupados polos continuos ataques que manadas de lobos están a realizar nos municipios deste territorio, onde aseguran que as mortes de tenreiros, vacas, ovellas, poldros e cabalos xa son a diario.

Na noite do pasado domingo ao luns, do 3 ao 4 de outubro, un gandeiro de As Grañas do Sor, en Mañón (A Coruña), comprobou impotente como os lobos acababan coa vida de dous tenreiros e deixaban feridos a outros dous, coas perdidas económicas que iso supón.

Ante esta situación algúns dos propietarios decidiron meter aos animais pola noites en cuadras, aínda que para a maioría esta é unha decisión que non poden tomar, xa que as súas explotacións están deseñadas para que os animais estean durante todo o día nas praderías.

FORMA DE VIDA
O alcalde de Mañón, Alfredo Dovale (PP), asegurou que esta situación esta motivando "un gran enfado por parte desta xente, xa que estamos a xogar cos seus postos de traballo, xa que están a perder moito diñeiro por mor destes ataques". O rexedor lembra que a prohibición de dar caza ao lobo está a motivar o aumento da poboación deste mamífero, "xa que isto vai cada vez a máis".

O alcalde do municipio limítrofe coa provincia de Lugo detallou que "os ataques xa son a diario e temos gandeiros que xa perdeu bastantes animais e a xente enfádase", incidiu.

Dovale tamén detallou que este problema co lobo non só está a afectar a Mañón, se non que "tamén están a se dar ataques en Ortigueira, As Pontes, Cerdido ou As Somozas, xa que se está estendendo demasiado" e por iso pide que se busque solucións, "se é que non queren acabar cos poucos habitantes que xa temos na zona rural", ademais de destacar que "a xente comeza a ter medo porque cada vez achéganse máis ás casas e xa se deron casos de ataques a cans, que tamén faleceron".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE