Desaloxada tras acampar nun cemiterio para pasar a noite no seu camiño á Catedral de Santiago

A Policía Local de Lugo desaloxou a unha peregrina alemá que acampara no cemiterio de San Lázaro para pasar a noite mentres realiza o Camiño de Santiago.



|

Os feitos ocurrierons no cemiterio de San Lázaro, en Lugo, onde unha peregrina atopou acomodo entre as lápidas para pasar a noite.


A Policía Local, ao ter constancia do ocorrido, compareceu no camposanto lucense para desaloxar á peregrina, de nacionalidade alemá. 


Peregrina alemá acampada nun cemiterio en Lugo

A peregrina no cemiterio de San Lázaro | Foto: EP


A Policía Local de Lugo desaloxou a unha peregrina alemá que acampara no cemiterio de San Lázaro para pasar a noite mentres realiza o Camiño de Santiago.

O párroco da igrexa de San Lázaro foi o que deu a voz de alerta na mañá do pasado sábado, 2 de outubro, pola presenza dunha tenda de campaña no camposanto.

No lugar compareceu a Policía de Barrio da Policía Local de Lugo. Alí, comprobouse que a muller era unha camiñante, que foi identificada e requirida para que abandonase o lugar, cuestión que fixo "ao momento", segundo explican os axentes. A muller instalara a súa tenda de campaña pegada ás tumbas.

Precisamente, os veciños do barrio reuniron diñeiro recentemente para realizar arranxos no cemiterio ante as zonas danadas existentes. A igrexa de San Lázaro e o cemiterio atópanse no lucense barrio da Ponte, nunha contorna no que estaba situado un antigo lazareto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE