O espectador elixe a historia de Amnesia 3.0, serie interactiva premiada no Festival de Cinema Español Emerxente (vídeo)
Xa obtivera outros galardóns, pois recibiu o premio á produción de proxectos do festival de contidos dixitais Carballo Interplay e finalista do Premio Mestre Mateo á Mellor serie Web da Academia Audiovisual de Galicia.Os seus promotores explican que "é un fito da ficción dixital en Galicia, xa que ofrece a posibilidade de que o espectador se achegue a historia por un ou outro itinerario que el mesmo poida elixir". Partindo de tres puntos de vista diferentes, o público pode seguir a historia a partir dun ou outro guión.
O espectador convértese case en guionista, pois a produción permítelle seguir a historia por un ou outro itinerario que el mesmo escolle.
Está ambientada en un mundo no que ninguén se acorda do día anterior e dirixida por Irene Pin. Na súa primeira tempada conta con coñecidos rostros do audiovisual galego como Monti Castiñeiras, Sabela Arán e Isabel Naveira.
Imaxe promocional de Amnesia 3.0
A produción galega Amnesia 3.0. é a gañadora do premio a Mellor serie Piloto Nacional no Festival de Cinema Español Emerxente (FECICAM). Xa obtivera outros galardóns, pois recibiu o premio á produción de proxectos do festival de contidos dixitais Carballo Interplay e finalista do Premio Mestre Mateo á Mellor serie Web da Academia Audiovisual de Galicia.
Os seus promotores explican que "é un fito da ficción dixital en Galicia, xa que ofrece a posibilidade de que o espectador se achegue a historia por un ou outro itinerario que el mesmo poida elixir". Partindo de tres puntos de vista diferentes, o público pode seguir a historia a partir dun ou outro guión. As súas decisións non só cambian a historia, senón como o espectador a percibe.
A primeira tempada do ciclo consta de tres capítulos. A produtora está agora rodando a segunda tempada coa incorporación de Mabel Rivera, Melania Cruz e Julio Abonjo.
Escribe o teu comentario