(Vídeos) Cargas, feridos e salvas de disparos nunha noite de botellóns e incidentes en Santiago
Houbo cargas policiais e varios feridos polos policías. O Concello asegura que os axentes tamén foron agredidos.
Os veciños do centro de Santiago soportaron unha noite horrible. Miles de estudantes saíron de marcha e, ante a escaseza de locais de lecer nocturno, tomaron a rúa para divertise e, nalgúns casos, emborracharse.
Houbo cargas policiais e varios feridos polos policías. O Concello asegura que os axentes tamén foron agredidos.
Captura de pantalla dun rapaz ferido nos incidentes da noite de Santiago nun vídeo publicado por Romariss en Instagram
"Acabo de ser agredido por un axente por estar na rúa" queixábase un rapaz ás 3 da mañá, á saída da discoteca Ruta. A Galiciapress chegaron fotografías que demostran que a policía cargou contra os mozos deixando algúns feridos leves.
Porrazo no costado dun estudante publicado en instagram por salseo usc
Os incidentes creceron tras o peche dos poucos locais de lecer nocturno que sobreviven tras a pandemia, ás 3 da mañá. Con todo, empezaron mesmo antes das 3, por exemplo no parque que está detrás do Parlamento de Galicia.
A actuación policial non fixo máis que aumentar a enerxía dos universitarios, que desprazaron a festa a outros locais. Así, por exemplo, a Praza Roxa estaba abarrotada ás cinco da mañá.
RESPOSTA DO CONCELLO
En declaracións á Ser, Gonzalo Muíños criticou os "lamentables" comportamentos dos estudantes. O concelleiro asegura que a policía está a traballar "arreo". O político cifra en "máis de 2.000 persoas" as concentradas na zona próxima á discoteca Ruta.
Muíños asegura que houbo "lanzamentos de distintos obxectos" contra os policías. Despues houbo "salvas e carreiras". O socialista pide aos jovenes que moderen o seu comportamento e que "pensen nos seus familiares que quedaron no seu camiño" e no esforzo dos seus pais para que estuden na USC.
ANTECEDENTES
O sucedido en Santiago non pode sorprender a ninguén. Desde que empezou o curso hai aglomeracións masivas nas rúas os xoves pola noite nas que se consome alcol e algúns non levan máscara. Algo que supón un risco evidente, a pesar de que a pandemia remite e os mozos están, na súa gran maioría, vaunados.
Consciente do problema, a Subdelegación do Goberno preparou un dispositivo policial para o control de concetraciones públicas na provincia da Coruña. Está por ver que pasa a semana que vén, cando as escasas discotecas que soportaron o embate da coronacrisis poidan abrir ata o 4 catro da madruagada, e non ata as 3 como agora.
Escribe o teu comentario