Brote escolar confirmado no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco con 17 positivos

Se 17 son da comunidade escolar e 13 alleos a alumnos e profesores dese CEIP, isto implica que o brote escolar supón o 56% de todos os contagios detectados esta semana na vila. Esta elevada porcentaxe apunta a que o coronavirus logrou burlar as medidas de protección do centro barquense.


|

Fontes oficiais da Xunta confirmaron a Galiciapress que o centro afectado polo brote de coronavirus no Barco é o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa. 


Ata hoxe a Administración non indicara que colexio era o foco do aumento de positivos na vila de Valdeorras. Hai 17 positivos confirmados e 4 aulas pechadas.



CEIP Plurilingu00fce Condesa de Fenosa nunha imaxe da súa Facebook

CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa nunha imaxe da súa Facebook 


Segundo os últimos datos oficiais por municipios, no Barco saltaron 30 positivos na última semana. Se 17 son da comunidade escolar e 13 alleos a alumnos e profesores dese CEIP, isto implica que o brote escolar supón o 56% de todos os contagios detectados esta semana na vila. 


Esta elevada porcentaxe apunta a que o coronavirus logrou burlar as medidas de protección do centro valdeorrés. É o segundo brote escolar nas dúas semanas que levamos de curso, tras o de Foz. Foz e O Barco son precisamente as únicas localidades onde a Xunta subiu o nivel de restricións, subida que entrará en vigor o sábado.


MÁIS OPACIDADE NUN MOMENTO CLAVE

Hai máis brotes escolares en Galicia? É imposible sabelo vista a menor transparencia dos datos que facilita a Administración. 


O curso pasado  a Xunta enviaba todos os días  aos medios a lista de todos os casos activos en todos o centros educativos non universitarios do país, que Galiciapress reproducía a diario dado o altísimo interese que suscitaba. Este curso, o Goberno só facilita o global de cada área sanitaria e só unha vez á semana. A primeira actualización foi de 17 aulas pechadas tras 364 positivos. 


Isto impide a pais e profesores seguir en detalle a evolución do covid nos seus colexios e nos da súa contorna. Unha información crave agora, pois son os nenos os que soportan un maior índice de positivos na actualidade. 


A incidencia acumulada de Galicia a 14 días é de 45 diagnósticos por cada 100.000 galegos. Segundo os últimos datos oficiais do Ministerio, a incidencia acumulada entre os galegos menores de 11 anos é de 114. É dicir, Os positivos son máis do dobre entre os galegos de 11 anos e máis novos, que non están non vacinados, que entre a poboación en xeral, onde máis do 80% xa completado a súa pauta de vacinación. 


O brote foi crecendo nos últimos días. O 17 de setembro o centro informou no seu Facebook de dúas aulas e agora son catro.







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE